Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Un proxecto científico estuda na illa de Cortegada a orixe das especies

Está capitaneado pola Universidade de Vigo e establece como elemento a analizar os tipos de caramuxo bravo

Imaxe facilitada pola Consellería de Medio Ambiente dun momento da investigación
Imaxe facilitada pola Consellería de Medio Ambiente dun momento da investigación
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Un innovador proxecto científico no que colabora a Xunta de Galicia e que desenvolve a Universidade de Vigo estudará na illa de Cortegada – en Carril– a orixe das especies a través do caramuxo bravo. Este é un molusco que está presente no Parque Nacional das Illas Atlánticas e emprégase como organismo modelo en ecoloxía evolutiva en diversas universidades do mundo. Coa súa observación permítese observar nun organismo vivo as fases iniciais da formación de novas especies. 

O estudo chámase Singulargen e ten como obxectivo determinar a escala xenómica que fai singulares as poboacións do citado caramuxo en espazos como a carrilexa Cortegada, pero tamén Cíes, Ons, Sálvora ou o Lago dos Nenos.

No arquipélago carrilexo rexístrase o fenotipo próximo ao Crab+ e é o menos afectado pola oleaxe

Segundo sinalan dende a Consellería de Medio Ambiente este molusco ten unha escasa capacidade de dispersión, xa que carece de fase larvaria planctónica, e as súas poboacións diverxen a escalas de poucos metros e desenvolven adaptacións locais estables – ecotipos–. Segundo as investigacións, isto é debido á forza da oleaxe, aos cangrexos como animais depredadores ou incluso ao grao de abrigo, entre outros.

Catro tipoloxías diferentes

O Parque Nacional acolle catro dos citados ecotipos. En Cortegada – que é o punto máis protexido da oleaxe de todas as Illas Atlánticas– rexístrase un fenotipo próximo ao Crab+, cunha concha maior, pero cunha abertura menor. No caso da outra illa arousana, Sálvora, conviven o ecotipo Wave – pequeno e de concha fina– e o Crab. Algo que acontece tamén en Ons e Cíes. Pola súa banda, na Lagoa dos nenos – que está illada do mar e situada entre as illas Monteagudo e Faro– ocorre algo excepcional, xa que se atopa un cuarto ecotipo exclusivo desta localización denominado Cíes e que foi descrito polo equipo de investigación xa no ano 2020.

Estratexia

Este estudo lévase a cabo no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e aborda o estudo destas poboacións a escala xenómica completa.

A estratexia combina a análise conxunta de cada ecotipo e illa co obxectivo de comparar centros de miles de posicións do xenoma entre as catro illas do Parque Nacional e as costas continentais. Farase unha análise de cada individuo nos ecotipos Cíes e Crab das Illas Cíes, que cruza o xenoma de cada exemplar coa forma da súa cuncha e coa súa tolerancia á calor.

As pesquisas chegarán ás outras tres illas que forman parte de Parques como Cíes, Ons e Sálvora

Deste xeito conseguirase facer un censo efectivo, actual e histórico e anticipar riscos de consanguinidade nunha variabilidade xenética que non existe en ningún outro punto da costa galega.

O proxecto está financiado polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais dentro da convocatoria de axudas para a investigación científica na Rede de Parques Nacionais.

O certo é que non é a primeira vez que a illa de Cortegada é obxecto de estudo de diferentes investigacións científicas pola súa diversidade tanto botánica como de fauna. Outras iniciativas semellantes téñense levado a cabo, como por exemplo as que analizaban os fungos únicos que se poden atopar no arquipélago ou tamén insectos que teñen este espazo da desembocadura do Ulla como hábitat natural.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620