Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Paula Deiros : "“O xeito de falar de Arousa está presente na novela. Sempre estou moi atenta ao que me rodea”

‘El eco de la niebla’ chega o próximo 3 de setembro ás librerías. É a primeira novela de Paula Deiros, vilagarciá de adopción que recrea un misterio na Ría de Arousa

La escritora Paula Deiros
La escritora Paula Deiros
Nuria Atanes
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A maternidade serviu a Paula Deiros, música de profesión, para reconectar con outra das súas múltiples facetas (“a miña cabeza non para”), a escritura. Foi durante a crianza do seu primeiro neno cando naceu ‘El eco de la niebla’, que agora sae publicado por Penguin Random House. “Tiven a sorte de poder elixir, porque chamaron varias editoriais, pero era a que máis me gustaba. Leron o manuscrito e gustoulles e apostaron por min”, explica a autora, nacida en Vilalba pero veciña de Vilagarcía desde hai moito tempo.

De feito, a Ría de Arousa xoga un papel moi importante na novela, que sae á venda en librarías o 3 de setembro, coincidindo coa súa presentación na Nobel de Edelmiro Trillo, a partir das sete e media da tarde.

De feito, tal e como explican na editorial, a paisaxe galega e, en concreto de Arousa e a súa contorna, non actúa unicamente coma escenario, senón que se convirte nun elemento narrativo que acompaña á investigación. O principal eixo xeográfico sitúase entre Ribeira, onde Deiros veraneou desde nena, e onde se sitúa a Comisaría que investiga o asasinato que marca a trama; e Vilagarcía, onde viven varios dos protagonistas e tamén a autora.

“É unha ría moi diferente, ten unha orografía moi bonita”, explica Deiros, que apunta que tamén as personaxes do libro beben “da idiosincrasia da zona”, coa retranca galega tan presente como o mar, que cubre de bruma a historia. Recoñece a autora que tamén se inspirou en xente coñecida para crear aos inspectores e demais protagonistas da súa novela. “Sempre estou moi interesada nas cousas vividas e nas persoas que me rodean. A parte nesta Ría hai un xeito de falar, unha variedade dialectal diferente á que temos en Lugo. E iso tamén están presente”.

A maternidade inspiradora

Outras paisaxes presentes son O Grove, Sanxenxo, Cambados, Vilanova, A Illa, Catoira, Corrubedo, Portonovo, pero tamén outros lugares das Rías Baixas, como Combarro e Moaña. A presencia do mar, as bateas e os portos reforzan o carácter atlántico da novela e converten a contorna nun elemento indispensable. “É pura Galicia”, apunta Deiros, que tamén invita ás súas páxinas á súa Vilalba natal e a outras estampas da provincia lucense.

Non falta tampouco unha boa papatoria, debido ao carácter galego, e están presentes as festas gastronómica que verán e inverno animan a axenda.

E todo iso, rodeado do misterio, da mitoloxía e das lendas que poboan o imaxinario galego.  Así, un dos elementos máis característicos son tras tres islas que articulan o núcleo da incógnita: Rúa, Noro e Onza, espazos cun importante labor simbólico.

A historia comeza coa aparición dun sudario branco nas augas da Ría e, no seu interior, un corpo de muller que descansa sen aparentes signos de violencia. Da investigación, encargarase Laia Ramuín, brillante psicóloga forense, profesora de Criminología e colaboradora habitual da Policía Nacional; que estará acompañada polo subinspector Tristán Castro.

“Eu quería que toda esta parte fose tal e como é unha investigación policial”, explica Deiros. Por iso, a parte de documentación foi a máis laboriosa dunha novela que, recoñece, “escribín case dun tirón, en tempo récord”. Para coñecer a forma de traballar dunha Comisaría, reuniuse con xefes policiais e tamén con comandantes, pola parte marítima da trama. “Estiven uns cantos meses nesta parte”, explica a escritora vilalbesa.

Deiros descríbese como unha boa lectora de thriller e por iso tamén foi o xénero escollido para a súa primeira novela, pero tamén para a segunda, que xa está en marcha. “No embarazo non paraban de aparecer ideas. É unha maternidade moi potente”, asegura a autora. Tamén foi así no primeiro caso, durante a lactación, “nun deses períodos nos que non podía durmir”, xurdiu a trama do primeiro libro.

Foron varias editoriais as que se puxeron en contacto con ela para a publicación da novela e que “puiden tomar as rendas e elixir”, decantándose por Penguin Random House. A xira, que se verá reducida pola súa nova maternidade, comezará o xoves 3 de setembro en Vilagarcía, pero recorrerá tamén outras cidades, como A Coruña e Vigo. Paula Deiros (Vilalba, 1986) irrompe no panorama literario cunha novela na que, destacan desde a editorial, rescata as lendas e rituais galegos mediante “unha gran forza visual” e unha linguaxe e ritmo envolventes, que impregnan todo ata sumir ao lector “nunha trama estremecedora, chea de incógnitas”. A autora é profesora de música, pero tamén compositora. Ademais, conta cunha comunidade moi sólida en redes, con 16.000 seguidores. Recorda que xa de moza gañou concursos de poesía, pero a faceta escritora quedou un pouco apartada ata que a recuperou a maternidade. Agora, di, “hai escritora para rato”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620