Vilagarcía
Un roteiro pola historia de Vilagarcía
Xermán Torres organiza o venres 21 a partir das 11 unha saída para recorrer algúns dos puntos máis destacados da cidade

O Roteiro chegará ao xacemento do Castro Alobre
Quen busque descubrir a historia de Vilagarcía ou percorrer aqueles lugares cheos de anécdotas teñen esta semana unha gran oportunidade. O presidente da asociación Mesa das Verbas, Xermán Torres, capitaneará este venres día 21 o seu primeiro roteiro histórico. A saída está programada para as 11 da mañá dende a Praza de Galicia (enfronte das oficinas do BBVA) e a idea é percorrer puntos como a Rúa Castelao, a Rúa Vista Alegre, Montiño e o Castro Alobre.
Torres sinala que a idea do roteiro xurdiu a raíz da publicación do libro do que é coautor xunto a María José Rodríguez García, 'Vilagarcía de Arousa ilustrada'. A proposta parte co lema de 'coñecer a nosa historia para saber quen somos, de onde vimos e a onde vamos".











