Folk no Alobre triunfa co seu cambio de data
O Valdés Bermejo acolleu unha exitosa edición do evento da romaxe tradicional

A décima edición do Folk no Alobre fixo este ano unha aposta decidida polo cambio: o de datas. Trasladouse ao mes de xullo, para acabar coas cancelacións e aprazamentos das últimas edicións, e resultou todo un éxito.
En plena vaga de calor, a contorna do Valdés Bermejo e Castriño converteuse en todo un refuxio climático. Pero foi tamén amparo da música e do baile tradicional galego, así como da cultura do país, obxectivo co que nace un evento que promove a asociación PésdeBarro en colaboración co Concello.
Comezou a cita cun repaso pola historia, que correu a cargo do guía especializado Luis Gómez, de Corticata, que explicou os cambios que experimentou o casco vello de Vilagarcía nos últimos séculos e como, non hai tanto tempo, o mar chegaba a espazos hoxe empedrados. Tras este roteiro, a sombra tomou a celebración e os asistentes trasladáronse ao epicentro da celebración: O Valdés Bermejo. Alí contaron cunha ampla oferta como a sesión de Brais das Hortas, que por si foran poucos os 33 grados chegou ataviado cun abrigo de pelo. Foliada, música e baile tradicional e un xantar en compañía nun día para desconectar e pasalo ben.











