Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

'Unha nova lingua, o teu billete ao mundo': a campaña EOI de Vilagarcía 

O centro situado na Lomba está en pleno proceso de matriculación

Cartel de la campaña
Cartel de la campaña
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

'Unha nova lingua, o teu billete ao mundo' é o título da campaña que a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía puxo en marcha para atraer novo alumnado. O centro situado na Lomba atópase en pleno proceso de matriculación, que se leva a cabo por tramos.

No tocante á oferta educativa, está publicada na web e contempla cursos en seis idiomas (alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués). Ademais dos cursos ordinarios, haberá de competencia xeral ou monográficos (sen exame, pero con certificación de horas), cursos Celga e de Linguaxe Administrativa, a distancia do programa 'That's English!' e novidades en todos os departamentos.

En alemán, haberá un grupo ordinario de nivel C1.1, tras anos sen el; en francés, contarán con monográficos de A2 e C1; en galego, un grupo ordinario de C1 (tras anos sen el); en inglés, semipresenciais de B2.1, B2.2, C1.1 e C1.2, así como monográficos de competencias xerais para varios niveis; en italiano, dous cursos de nivel básico, un de A1 e outro para certificación de A2 nun só ano.

Prazos de inscripción

Ata o 6 de xullo está aberto o prazo de preinscripción para iniciar ou retomar estudos nos cursos ordinarios, dependendo da oferta de cada lingua. O 8 de xullo pública a lista de persoas admitidas e se completa a matrícula do 9 ao 20.

Di 8 de xullo ao 20 de xullo abre a matrícula para os monográficos de destrezas para público xeral. Son de matrícula directa.

Para anotarse na modalidade a distancia 'That's English!' o prazo comeza mañá luns 29 de xuño. Terán que matricularse nas oficinas da EOI de Pontevedra, aínda que as clases serán en Vilagarcía.

En canto aos cursos Celga 3 e Linguaxe Administrativa (nivel medio), o prazo tamén se abre mañá e o formulario de inscripción telemática está na web. A adxudicación das prazas nos cursos do primeiro cuadrimestre será o 13 de xullo as 10 horas, en sorteo público na EOI da Coruña. O 14 publícase a lista de persoas admitidas e ábrese o prazo de presentación de documentación do 14 ao 23 de xullo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620