Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

O IES Castro Alobre introduce a lingua galega nos menús da hostalaría

O alumnado do centro repartirá 30.000 manteis ilustrados

23/06/2026 17:48
Presentación no exterior do centro
Presentación no exterior do centro
Concello
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Alumnado e profesorado do IES Castro Alobre comezaron esta mañá a repartir os manteis de papel cos que inundarán os locais da hostalaría do municipio a través da súa campaña de promoción da linga "O galego, o mellor menú". A iniciativa, que desenvolve dende hai once anos o equipo de Dinamización do centro en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello, presentouse esta mañá nun acto que contou coa presenza da concelleira de Cultura, Sonia Outón, docentes e estudantes.

Os 3.000 manteis individuais a repartir están ilustrados cos debuxos gañadores do concurso convocado polo centro con esta finalidade. As imaxes, cos seus respectivos lemas, son obra de Irene Cortés Moreiras e Alba Baños Bouzas , todas alumnas de 2º de Bacharelato, e de Xiana Serantes Núñez, de 3º de ESO, de Izel Díaz Seijo, de 1º de Bacharelato. Ademais, o cartel anunciador da campaña é obra de Iago Nogueira Novoa, de 2º da ESO.

A concelleira comentou a importancia de que iniciativas como esta, que promoven o uso do galego, se manteñan de forma permanente no tempo, e agradeceu "o bo traballo que realiza o Castro Alobre neste sentido". Ademais, destacou que a iniciativa se traslade á sociedade a través de sectores como a hostalaría ou o comercio, "onde está a xente", e tamén que ao aspecto dinamizador da lingua se sumen a outros como "a creatividade e o arte que cada ano amosa o alumnado para ilustrar o material".

Pola súa banda, a responsable do centro agradeceu a colaboración da concellería e explicou que "esta actuación pon en valor ao instituto ao permitirlle abrirse á comunidade e interactuar con ela".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620