Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Yolanda Castaño: “Habería que abrirse á poesía dunha forma moito máis relaxada”

Cidade de Libro abriu onte as súas portas cunha xornada dedicada á poesía, con Yolanda Castaño, Mario Obrero e Branca Trigo para abordar os versos como unha ferramenta para “nomear o conflito”

Yolanda Castaño no espazo de firma de libros
Yolanda Castaño no espazo de firma de libros
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A poesía como ferramenta de cambio foi o lema da primeira Conversa ao Solpor de Vilagarcía, Cidade de Libro que contou con Yolanda Castaño, Mario Obrero e Branca Trigo. Tres voces diferentes pero unidas porque as súas obras “amplían os límites do real a base de nomear a ferida, de poñerlle nome”.

Así o define a que foi Premio Nacional de Poesía en 2023. Yolanda Castaño, que nos seus primeiros pasos polas verbas gañou o premio Fermín Bouza Brey, reivindica as palabras como forma de visibilizar a realidade. “O que non se nomea non existe”, explica a autora compostelá, que incide en que ata que non se comezou a falar de temas como a saúde mental ou o acoso escolar “non se puxeron os pasos para solucionalos”. O papel que xoga a poesía é, por tanto, similar.

“Nomea o conflito, pon palabras a certas emocións que non poderían ser expresadas doutro modo. Desa maneira, vai un pouco por diante. A poesía traballa no simbólico, pero o simbólico precede ao real”, apunta Castaño que sentencia que precisamente esa “é a capacidade transformadora da poesía”.

Sobre a situación actual deste xénero literario, a escritora sinala que “o momento da poesía galega é excelente, tanto en calidade como en diversidade. Outra cousa é que se lea”. Neste sentido, recoñece que se trata dun xénero “que nunca vai ser masivo”, xa que “require dun esforzo na lectura que non tanta xente está disposta a facer. Seguirá a ser unha lectura minoritaria, pero que paga moitísimo a pena”.

Castaño considera que isto se debe a que se lle esixe unha comprensión que non se lle pide a outras artes. “A xente chega á música sen necesidade de entender o que nos quixo dicir Beethoven ou os grupos que cantan en inglés. Non traducen as letras para ver se as entenden e se así lles gustan. En cambio, a poesía si que precisan comprendela dunha maneira moi racional, en lugar de deixar que te empape a súa emoción e transmita cousas”. Fronte a esta actitude, o que recomenda a autora é, precisamente, o contrario. “Creo que habería que abrirse á poesía dunha maneira moito máis relaxada, moito máis aberta e moito máis emocional”.

Castaño estivo acompañada na mesa por Mario Obrero, que foi ‘Premio Nacional de la Juventud’ en categoría de cultura, asi como por Branca Trigo, unha nova voz que define a súa obra como “gótica”. Moderou a mesa a xornalista Fátima Frieiro.

A axenda para hoxe

A primeira xornada de Conversas ao Solpor tamén contou cunha homenaxe a Méndez Ferrín e coa firma de libros de Ángela Banzas, finalista do Premio Planeta. A xornada de hoxe estará dedicada á música e a súa relación coa literatura.

Banzas con el alcalde, Alberto Varela, y los ediles Sonia Outón y Álvaro Carou
Banzas con el alcalde, Alberto Varela, y los ediles Sonia Outón y Álvaro Carou
Mónica Ferreirós

A programación leva por título ‘Enclave de Letra’, para abordar a relación entre estas dúas linguaxes artísticas e do espazo que comparten. A axenda do día contará coa participación de destacados nomes de distintos ámbitos da escena musical. A cantante galega Sés, o vocalista do grupo León Benavente, Abraham Boba, o músico e produtor Miqui Puig e o crítico musical Fernando Fernández Rego participarán na presentación de obras, na sinatura de libros e nas ‘Conversas ao Solpor’.

A axenda abrirase coas actividades dos ‘Argonautos literarios’, destinadas a grupos de escolares que, xa pola tarde, se deixarán ás persoas maiores e a colectivos con necesidades especiais. As casetas de exposición e venta de libros abriranse ás 18 horas no parque Miguel Hernández, onde a Orquesta Camarote Band ofrecerá a esa mesma hora, no Recuncho dos Contos, o espectáculo para público familiar ‘Contos contados, contos encantados’. Ás 19 horas, nese mesmo espazo, collerá o relevo Fran Rei, cunha revisión musicada e humorística do clásico conto ‘Frautista de Hamelín’.

Ás 18:30 horas, Boba presentará ‘163 cm’, unha obra no que o músico reflexiona sobre as implicacións de ser unha persoa de estatura baixa. Será no escenario principal do ‘Vilagarcía, Cidade de Libro’ e complementarase co espectáculo musical do mesmo título que o músico ofrecerá ás dez da noite, no Auditorio Municipal, con entrada de balde, como todas as actividades do evento. A segunda presentación do día será a da obra ‘Andrés do Barro. A xénese do pop en galego’, do xornalista Fernando Fernández Rego, editado por Galaxia. Será no espazo de presentacións ás 19:30 horas. No apartado de firmas, participarán, desde as sete da tarde, o propio Fernández Rego, Abraham Boba, Sés e Miqui Puig. As ‘Conversas’ versarán sobre a palabra que canta e a música que se escribe.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620