
O Faiado da Memoria, coincidindo co 18 aniversario da creación da asociación, presenta un novo documental que ten coma protagonista a Festa dos Maios de Vilagarcía.
Baixo o título ‘Mainho maio’ móstrase a preparación dos traballos nos días anteriores ao primeiro de maio tanto de particulares coma de colexios e asociacións nas parroquias de A Laxe, Bamio e do centro do municipio.
Ao longo de 37 minutos o documental ensina como é a creación dos maios pero tamen remarca determinadas actividades que se realizaban arredor destas datas como é a bendición dos campos ou a boa protección das casas e dos útiles colocando un ramo de xestas nas portas ou nos coches.
A proxección do documental será este xoves, día 28, ás 20:30 horas no Salón García de Vilagarcía. No acto estarán presentes os dous guionistas, Carlos Rey e Antonio Caeiro e tamén a presidenta da asociación O Faiado da Memoria, Margarita Teijeiro.
Ao remate do documental está previsto que se teña lugar un pequeno coloquio cos presentes sobre a tradición dos maios en Galicia.
Primer traballo
En 2018, dez anos despois do nacemento da asociación, viu a luz o traballo creado por Carlos Rey ‘A festa dos maios no Concello de Vilagarcía”. Esta obra editorial foi a primeira dunha serie delas que tiña, como característica esencial, mostrar as tradicións, especialmente da zona de Arousa e O Salnés.
Ademáis, a primeira obra que se fixo para ser descargada a través da páxina do Faiado tamén versaba sobre esta festa, o que sirve para contextualizar este novo documental.










