Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía 

Música, baile, arte e poesía: así foi como viviu Carril as súas Letras Galegas

Malveiras, os poemas de Carmen Sampedro ou o bo tempo foron a fórmula dunha xornada perfecta

As rapazas protagonizaron unha boa parte do acto das Letras Galegas en Carril
As rapazas protagonizaron unha boa parte do acto das Letras Galegas en Carril
Aitana Vidal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Carril acolleu hoxe a celebración das Letras Galegas en Vilagarcía e fíxoo cunha xornada marcada pola música e o baile tradicional, así como pola arte e a pintura, que foron tamén protagonistas.

Aínda que xa desde comezos do mes de maio a vila levou a cabo diferentes actividades no marco desta celebración, como festivais en centros escolares, obradoiros de cultura tradicional ou espectáculos de teatro, o día grande tiña data, e era hoxe, 17 de maio. Así, desde as 11:00 horas comezou a achegarse a xente á praza da Liberdade para escoitar a música de Malveiras, o grupo de baile tradicional orixinario de Carril. Pouco despois o público desprazouse ata a sede do Gato Negro de Carril para asistir á inauguración da exposición colectiva ‘Tránsito entre materia e verba’, unha mostra pictórica que combina debuxo e poesía e que se poderá visitar ata o próximo 28 de xuño.

Nesta inauguración participaron Carmen Sampedro e Paco Ascon, como autores dalgunhas das obras; a comisaria do Círculo Artístico Deportivo (CAD) Gato Negro, Mavi Castañeiras; así como o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.

Carmen Sampedro foi a única dos 15 artistas que participan nesta exposición que, ademais de obras pictóricas, quixo amosar tamén os seus poemas, e é que para ela “os poemas son como páxinas dun libro soltas, entón así como expoño os meus cadros en lenzo, por que non poñer tamén as poesías?”, explicaba.

A historia dos poemas

En canto ás temáticas destes poemas, que acadaron ademais premios en distintos certames, o público pódese topar con textos dedicados aos conflitos bélicos que están aparecendo agora en Oriente Medio e en Europa, ou á violencia de xénero, como se dunha carta a un maltratador se tratase.

No que respecta á parte pictórica, conformada por máis de 40 obras repartidas por todo o local do Gato Negro, hai moitos artistas que optaron por pintar cadros inspirados na obra de Begoña Caamaño, a xornalista e escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Castañeiras asegura que os dous libros desta autora, ‘Morgana en Esmelle’ e ‘Circe ou o pracer do azul’, teñen cabida nesta exposición que, máis alá da creación plástica e da poesía, busca un espazo común de identidade e memoria.

Ofrenda floral a Rosalía
Ofrenda floral a Rosalía
Aitana Vidal

Aínda que esta inauguración levou máis tempo do previsto e obrigou a atrasar o baile tradicional dos nenos da Escola Gato Negro, ás 12:30 horas chegou a quenda da ofrenda floral na estatua de Rosalía, un dos actos máis arraigados desta xornada das Letras. A música de Malveiras e un pequeno baile acompañaron o momento de homenaxe á considerada nai da lingua galega.

Baile e peche da xornada 

Xa despois o ambiente volveu á praza da Liberdade, onde ademais as terrazas estaban cheas de xente coincidindo cunha mañá soleada e de bo tempo que só invitaba a gozar do día. Foi entón cando as rapazas puideron ofrecer o seu espectáculo, que combinou baile tradicional co son das pandeiretas.

O concerto de Antonio Barros e iAlma titulado ‘Terra nosa’ puxo fin a unha xornada de cultura e tradición en Carril para celebrar un ano máis un dos días grandes de Galicia, as Letras Galegas. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620