Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

A aula CeMiT e o Banco de España únense para formar en finanzas de xullo a novembro

O taller abordará cuestións como a inflación, o diagnóstico das finanzas propias, os distintos sistemas de pago ou a protección fronte aos fraudes

Participantes de la formación
Un dos cursos que se impartiu na aula CeMiT de Vilagarcía
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A aula vilagarciá da Rede CeMiT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) acollerá dende xullo ata novembro un novidoso curso  gratuíto titulado ‘Finanzas para todos’, en colaboración co Banco de España. O taller prevé abordar cuestións como a inflación, o diagnóstico das finanzas propias, os distintos sistemas de pago ou a protección fronte aos fraudes.

O prazo de inscrición ábrese maña, día 18, e poderá formalizarse ben presencialmente, na sede da rúa Matosinhos, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través da sede electrónica do concello. As prazas dispoñibles son corenta. A partir dese número establecerase unha lista de agarda.

O cursiño estrutúrase en dous itinerarios. O primeiro desenvolverase os días 8, 13 e 14 de xullo e plantearanse cuestións como o estado da saúde financeira do propio alumnado, de que maneira afecta a inflación e como planificar as finanzas persoais en tempos de incerteza. Tamén se aportarán consellos prácticos sobre contas, tarxetas e outras formas electrónicas de pago e se abordará a banca en liña, o comercio electrónico e bizum, para concluír con a autoprotección fronte a ciberdelincuencia.

O segundo itinerario ocupará os días 21, 22 e 27 de xullo e neles falarase sobre como distinguir billetes e moedas falsos, os dereitos sobre as operacións con efectivo, os financiamentos do Banco de España, os recursos que ofrece a institución e a protección fronte aos fraudes, entre outros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620