Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía 

Vilagarcía acorda a compra de 2.000 lentes especiais para desfrutar do eclipse solar

A idea do goberno local é repartilas no parque da praia de Compostela o mesmo 12 de agosto

Una actividad de observación en la comarca, en imagen de archivo
O Concello continúa traballando no programa completo da xornada
| D. A.
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Vilagarcía continúa avanzando na organización do que será un dos grandes eventos do ano, o eclipse do próximo 12 de agosto, e para iso vén de acordar a adquisición de 2.000 lentes especiais que permitirán aos veciños de Vilagarcía desfrutar do espectáculo no parque da praia de Compostela. Alí mesmo repartiranse as gafas o propio día antes do fenómeno.

A concellería de Turismo vén traballando dende as últimas semanas na preparación dun acto especial arredor do eclipse solar; unha data que coincide tamén coas vésperas das festas de San Roque. O programa detallarase tan pronto como estea concluído, pero polo de pronto a concellería xa acordou a adquisición destas lentes especiais a unha recoñecida marca de aparellos ópticos, con fabricación europea e certificación.

Posto que se trata dun fenómeno que tarda en repetirse moitos anos, e máis cando se trata dun de carácter total, o Concello quere convertelo nunha celebración.

Por esto mesmo a previsión é que tamén se poida desfrutar de musica, tipo chill-out e, con toda probabilidade, dunha pequena charla de divulgación que contextualice o fenómeno do que se vai desfrutar. Diante da multitude que se espera, o goberno local, de acordo coa subdelegación do Goberno, traballa igualmente non dispositivo de seguridade e tráfico. O programa definitivo e as normas de participación daranse a coñecer nas vindeiras semanas. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620