Vilagarcía
Un turismo sáese da vía en Agustín Romero e choca contra unha farola
No vehículo viaxaban catro ocupantes que tiveron que ser atentidos polo 112

Momento da saída de vía na avenida Agustín Romero
Cedida
Un turismo sáese da vía cando circulaba pola avenida Agustín Romero e impacta contra unha farola do alumeado público. O accidente produciuse pouco despois das 11:00 horas desta mañá.
No vehículo viaxaban tres persoas adultas e un menor e, aínda que non se coñecen con certeza as causas da saída de vía, ao parecer o coche realizou un desprazamento lateral involuntario cara á dereita, invadindo a beirarrúa e chocando contra a farola.
Como consecuencia da colisión producíronse danos no vehículo, na farola e no muro de peche dun inmoble. Ademais, dúas das persoas que viaxaban no vehículo permanecen en observación, mentres que as outras dúas xa foron dadas de alta.










