Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Carril agarda música, tradición e homenaxe polas Letras Galegas

Ofrenda floral nunha pasada edición das Letras Galegas  
Gonzalo Salgado 
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Carril será mañá a sede das Letras Galegas en Vilagarcía cunha xornada repleta de eventos, música e tradición para poñer en valor un dos días grandes de Galicia, que este ano leva o nome de Begoña Caamaño, escritora, xornalista, activista e figura homenaxeada en 2026.

Así, ás 11:00 horas comezará a soar a música dos pasarrúas Malveiras na contorna da praza da Liberdade para, despois, ás 11:40 horas inaugurar a exposición colectiva ‘Tránsito entre materia e verba’ na Sede do Gato Negro do Carril. Neste acto participarán tanto o alcalde, Alberto Varela, como as concelleiras Tania García, Sonia Outón e Luz Abalo.

Xa ás 12:00 horas será a quenda do baile tradicional da Escola Gato Negro e Malveiras para, ás 12:30 horas, dar paso a un dos momentos máis esperados do día, a ofrenda floral a Rosalía de Castro no xardín xunto ao Gato Negro. Ás 13:00 horas, un concerto a cargo de Antonio Barros e iAlma titulado ‘Terra nosa’ pechará a programación cultural. Será un espectáculo en formato acústico, con voz e piano, no que se interpretarán algunhas das cancións máis coñecidas da tradición oral e popular.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620