Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

O Hospital do Salnés presume de calidade asistencial na celebración dos 25 anos de historia

O Auditorio acolleu un acto conmemorativo que contou con apoio institucional e da veciñanza comarcal

Rueda, Varela, Caamaño e Flores na exposición de fotos
Rueda, Varela, Caamaño e Flores na exposición de fotos
Aitana Vidal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Hospital do Salnés chega aos 25 anos. Unha efeméride na que a área sanitaria pon en valor a evolución dun centro que, desde a súa posta en funcionamento hai dúas décadas e media, consolidouse coma un referente asistencial para a comarca arousá, destacando pola proximidade, a calidade de atención e a súa capacidade de adaptación ás necesidades da poboación de referencia.

Precisamente foi o obxectivo co que naceu o centro situado en Ande-Rubiáns, o de prestar asistencia sanitaria pública integral e de calidade a unha poboación de arredor de 75.000 habitantes, pertencentes aos concellos de Vilagarcía, Cambados, Catoira, Vilanova, A Illa e Ribadumia.

O Hospital do Salnés iniciou a súa actividade asistencial a finais do ano 2000, no epílogo do século XX e coa apertura das consultas externas do bloque cirúrxico, continuando coa hospitalización en agosto de 2001 e culminando en setembro dese mesmo ano coa posta en marcha do servizo de Urxencias e da hospitalización de adultos.

Crecemento asistencial

Por elo, onte foi un día de celebración no Auditorio de Vilagarcía, onde se levou a cabo un acto de conmemoración que contou co respaldo cidadá e institucional. Asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde, Alberto Varela, e o conselleiro, Antonio Gómez Caamaño. Alí, poderon percorrer a historia e os grandes fitos do centro de Ande, así como felicitar aos profesionais que fixeron posible estas dúas décadas e media. Tamén estiveron presentes os representantes da área, encabezados polo xerente, José Flores, e pola directora do distrito, Nuria Iglesias, así como outros cargos.

Desde os inicios, o Hospital contou cunha infraestrutura moderna e funcional, cunha superficie construída superior aos 12.000 metros cadrados. Dispoñía de dúas plantas de hospitalización con 84 camas- catro delas destinadas a neonatos-, tres quirófanos, unha área de urxencias con dez boxexs asistenciais, unidade de observación e sala de xesos.

O bloque obstétrico incorporaba sala de partos e salas de dilatación, mentres que a área diagnóstica incluía radioloxía, telemando dixital, TAC, ecografía e mamografía. Ademais, o hospital contaba con servizos de endoscopia, laboratorio operativo as 24 horas, farmacia hospitalaria, rehabilitación e unha área de consultas externas con quince salas. No momento da súa apertura, o centro comarcal estaba dotado cun cadro de 187 profesionais- entre persoal médico, de enfermaría, técnicos e de servizos- que constituiron a base do desenvolvemento asistencial posterior.

Moito máis elevadas son os datos actuais. Son 496 as persoas que dan vida ao Hospital do Salnés, dos que 98 son facultativos, 309 profesionais sanitarios non facultativos e 89 persoal de xestión de servizos.

Modernización e innovación

Co paso dos anos, o Hospital do Salnés experimentou unha evolución constante marcada pola ampliación das súas infraestruturas e a mellora dos seus recursos asistenciais. Así, en 2011 o Servizo Galego de Saúde impulsou un proxecto estratéxico de ampliación que permitiu incrementar a súa actividade cirúrxica e adaptar os espazos ás novas demandas asistenciais. Esta actuación incluiu a construción denovas superficies, a remodelación de áreas existentes e a reorganización funcional do centro hospitalario de Ande.

Tras esta ampliación, o hospital comarcal pasou a ter 130 camas, 6 quirófanos, 9 postos de recuperación postanestésica, 57 locais de consulta, 2 paritorios, 2 salas de dilatación e 7 postos de Hospital de Día cirúrxico, o que permitiu aumentar tanto o volume coma a complexidade das asistencias realizadas, mellorando ao mesmo tempo os circuítos de atención sanitaria.

Ademais, a ampliación supuxo unha profunda transformación da súa área de Urxencias, que incorporou novos espazos diferenciados para atención de adultos, pediatría e obstetricia, así como áreas específicas de triaxe, observación e seguimento, mellorando a capacidade de resposta e a calidade de atención. En 2017, completando este proceso, activáronse as unidades de Coidados Postcirúrxicos e de Ciruxía Maior Ambulatoria, dotadas con postos de espertar, sillóns de reintegración ao medio e boxes específicos para coidados postanestésicos.

Esta mellora, explican desde a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, permitiron optimizar os tempos de recuperación, incrementar a actividade cirúrxica ambulatoria e mellorar a experiencia dos pacientes.

Outro fito chegou en agosto de 2023, coa activación da nova área de Esterilización do Hospital do Salnés, infraestrutura que duplicou a superficie anterior adicada a estes procesos asistenciais. Renovouse completamente o equipamento para incorporar novas estacións de lavados, sellados e empaquetados, termodesinfectadoras, esterilizadores de última xeración, sistemas de monotorización e trazabilidade, cabinas de retorno, carros manuais e eléctricos de transporte, mesas de traballo e recepción de instrumental, así como estanterías e outro mobiliario. Asimismo, o Hospital do Salnés renovou recentemente as dependencias da súa base medicalizada do 061, onde enfermeiros, médicos e técnicos sanitarios dispoñen dunha moderna área específica onde contan con sala de traballo, vestiarios, dormitorios e espazos para o almacenamento.

Calidade e humanización

A traxectoria destas dúas décadas e media do Hospital do Salnés está marcada tamén polos recoñecementos á súa calidade asistencia e ao compromiso dos seus profesionais. En maio do ano pasado recibiron a reacreditación IHAN- Iniciativa para a Humanización da Asistencia ao Nacemento e Lactancia- por el Ministerio de Sanidad, consolidándose como o único hospital público galego que conta con esta distinción. Dito recoñecemento, avala máis de 20 anos traballo continuo na promoción dunha atención humanizada ao parto e á lactancia. Tamén é unha traxectoria marcada pola incorporación de novas áreas, como o hospital de día oncohematolóxico ou a HADO (a domicilio). “A conmemoración deste aniversario é unha oportunidade para facer balance do camiño percorrido e recoñecer o gran labor dos profesionais”, sinalan desde a área sanitaria.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620