A ilustradora Nuria Díaz diserta en Planeta Mozo sobre Begoña Caamaño
O acto será o sábado, ás 19:30 horas, con motivo das Letras Galegas

Con motivo da Día das Letras Galegas, a librería Planeta Mozo celebrará o vindeiro sábado 16 de maio, ás 19:30 horas, un encontro centrada na figura da autora homenaxeada, Begoña Caamaño.
Para elo, contará coa presencia da vilagarciá Núria Díaz, autora da biografía ilustrada 'Os fíos de Begoña'. Estará acompañada por Marta María Ferradáns e non só falarán sobre o proceso creativo e o contido da obra, senón que tamén profundarán na vida, pensamento e legado da autora á que rinden homenaxe este ano polas Letras Galegos.
Desde Planeta Mozo recordan que Begoña Caamaño foi unha das voces máis salientables da literatura e o feminismo galego contemporáneo. A cita busca converterse nun espazo de encontro ao redor da cultura galega, a literatura e a ilustración. Durante o acto tamén se poderá comprar a obra e, ademais, a libraría ofrecerá un 5% de desconto en todas as obras en galego dispoñibles.










