Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

@profemarisinha, o TikTok que fala en galego no Alobre: “As redes hai que tomalas como unha oportunidade”

A conta de TikTok @profemarisinha naceu arredor da profesora de galego do Castro Alobre, Marisa Moreda. Unha ferramenta vital para chegar co idioma ás xeracións máis novas: “Hai que estar”

A aula que hai na Casa do Conserxe serve como “plató” para vídeos
A aula que hai na Casa do Conserxe serve como “plató” para vídeos
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Marisa Moreda coñécena no instituto Castro Alobre de Vilagarcía como a “profe Marisinha”. Foi neste centro educativo no que naceu tanto o seu nome como o seu perfil de TikTok (@profemarisinha) que é precisamente a ferramenta que ela utiliza nas aulas para – como ben sinala– “humanizar a educación e darlle espazo ao galego”. Marisa tiña claro, cando desembarcou no centro de Vilagarcía, que tiña que estar “donde estaba o meu alumnado”. E iso era, nunhas aulas cheas de adolescentes, nas redes sociais. Agora, con varios premios polo seu traballo en TikTok e polo fomento da lingua galega, son unha auténtica revolución e non hai “trend” que se lles escape.

A profesora fala e séntese cómoda na Casa do Conserxe. É aí donde ten o seu particular centro de operacións e donde – ademais de aprender, e moito– o alumnado grava vídeos e cae na conta de que o galego “é unha lingua que permite que se comuniquen con milleiros de persoas en todo o mundo”. Marisa entende que “o futuro está por aproximarnos ao portugués, é a única vía”.

A docente debátese entre unha visión catastrofista e outra con máis esperanza: “Hai que achegarse ao portugués”

O TikTok @profemarisinha “naceu neste centro. Foron precisamente os meus alumnos os que me dixeron: profe, por que non fas un perfil?”. Recorda que foi nun grupo no que había unah casuística social moi variada. “Había xente que non tiña o galego como lingua inicial”, lembra. Empregar a ferramenta na que estaban os adolescentes permitiulle a Marisa “non só ensinarlles en galego, senón abrirme aos espazos que eles ocupan”. E é que, nunha época na que todo o que se fala das redes sociais é practicamente negativo, no Castro Alobre téñenlle dado a volta para que sexa unha ferramenta educativa. “Podemos pechar os ollos e finxir que non hai redes sociais, que non hai Intelixencia Artificial, pero o certo é que existen, están aí e chegaron para quedar. Por que non usalas ao noso favor?”, sinala a docente.

A visión que Marisinha ten do galego é bastante catastrofista, como ela mesma recoñece. “Fixemos recentemente unha enquisa no centro e había alumnado que, como segunda lingua, non marcaba o galego, senón “outras linguas””, indica. Algo que – sinala– ela non esperaba cando desembarcou en Vilagarcía. “Eu son de Foz e pensaba que nas Rías Baixas o galego estaba máis normalizado, seguramente porque é a variante que se asocia ás series e así”, apunta. A realidade deulle directamente na cara.

“Eu levo sete anos en Secundaria e algo que vexo, dende que comecei, é que cando comecei o alumnado non quería falar galego. Agora o problema non é o non querer, é que carecen desa competencia. Estase a perder o galego como lingua de comunicación”, subliña.

Daí que a profesora entenda que hai que darlles “inputs, falarlles nas súa linguaxe e mostrarlles que o galego é igual de válido como lingua que outras que escoitan habitualmente”. E aí é donde están as redes. “É aí donde atopamos aos adolescentes. Pode resultar polémico dicilo, pero os rapaces de 14, 15 ou 16 anos de hoxe en día non se identifican coa Xeración Xabarín. Si, a nosa si, e marcounos. Pero agora teñen outros gustos, queren diferenciarse xeracionalmente e é o normal”, declara.

A profesora entende que se loita contra un xigante, pero que hai que intentar chegar aos rapaces e facerlles amar o galego, con sentimento, usando as súas mesmas ferramentas.

A música

Nos seus TikToks o alumnado da profesora Marisinha utiliza os “trends” virais de cancións moi coñecidas e adáptanas en moitos casos á lingua galega. “Non creo que haxa unha concepción negativa cara a lingua como si pasaba hai anos. Creo que iso si mudou”, sinala Marisa.

A profesora do Alobre fala do fenómeno da música en galego e, en concreto, de 9Louro, o rapaz de Muros que logra encher locais con tan só 21 anos e que xa figura en carteis de festivais de recoñecido prestixio en Galicia. “Fun a un concerto en Padrón seu e cando cheguei alí alucinei coa cantidade de rapaces e tamén alumnos meus que cantaban as súas cancións, en galego. Téñeno como un referente e iso é positivo”, destacou. De feito Marisinha compara a época que se está vivindo co que fixo Andrés Dobarro na súa xeración. “Daquela o que soaba eran Fuxen os Ventos ou A Roda e o que fixo Dobarro foi cantar precisamente o estilo que lle gustaba á xente nova da época. Daí o seu éxito”, declara. Ela cre que o papel que exerce a música “é normalizador”.

Marisinha ten claro que o que non se pode é “ser reducionistas coa lingua”. Está segura que “se eu dixera de que imos facer TikToks sobre o uso do galego ninguén participaría, por iso hai que darlles outro enfoque. Pódese falar de videoxogos ou da FIFA en galego, hai que normalizalo”.

“Esta xeración non se identifica co Xabarín, é así. Fenómenos coma 9Louro son os que queren escoitar”

As redes son para o alumnado do Castro Alobre unha forma de divertirse, de comunicar, de aprender e tamén – como sinala Marisinha–de “ser valentes”. Ela explica que “non hai un só vídeo que subamos no que non haxa comentarios negativos sobre o que facemos. Algunha vez incluso tiven que cancelalos. Por iso sempre lles digo que son moi valentes, porque a pesar de todo o que len e escoitan, eles seguen adiante e motívanse. E esa é a parte positiva de todo isto”. Exemplos que, como di a profesora de galego, mostran que “a lingua non está nunha situación de normalidade, por moito que haxa quen queira vendernos o contrario”.

O certo é que o recoñecemento desta docente non lle chega só dos seu alumnado e dos comentarios bos – que tamén os hai– que recibe por redes. Varios dos vídeos que gravaron para a rede social recibiron distinción nos premios Galitiktokers, un certame convocado dende hai xa anos polo Concello de Ames. Por iso Marisinha lanza unha mensaxe de optimismo: “Se aproveitamos a oportunidade do portugués e das redes hai esperanza”. E con iso hai que quedarse.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620