Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

A Escola de Idiomas acolle unha charla e obradoiro sobre sete escritoras galegas

Imaxe da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía acolle este mércores a partir das seis da tarde unha charla-obradoiro con motivo da conmemoración das Letras Galegas. Será a cargo da escritora, tradutora e profesora da Universidade de Vigo, Elvira Ribeiro, que departirá sobre varias escritoras que contribuíron coa súa obra e co seu traballo a facer máis grande a literatura galega.

A charla preséntase co nome de “Unha trenza de sete cabos” e explora a figura de Rosalía de Castro, María Victoria Moreno, Francisca Herrera Garrido, Xela Arias, Luísa Villalta, María Mariño e tamén Begoña Caamaño, que é precisamente a escritora e xornalista feminista á que se lle dedica este ano a efeméride do 17 de maio.

O obradoiro – segundo sinalan dende o centro educativ ubicado en Bosque de Desamparados– terá unha duración de hora e media e é de entrada gratuíta. Está promovido polo departamento de galego da Escola Oficial de Idiomas.

O centro, a través dos departamentos das diferentes linguas que se ofertan no mesmo, programa ao longo de todo o curso académico diferentes actividades para implicar á comunidade escolar en cuestións que van máis alá da materia que se imparte nas aulas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620