Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

O Faiado organiza unha viaxe a Ons que rematará coa visión do eclipse dende o mar

Será o mércores 12 de agosto e é unha iniciativa diferente para contemplar este fenónemo histórico

Unha actividade anterior en Vilagarcía durante un eclipse solar | d.a.
Unha actividade anterior en Vilagarcía durante un eclipse solar | d.a.
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

O Faiado da Memoria ofrece unha opción diferente para poder visionar o eclipse total de sol previsto para o vindeiro 12 de agosto. A asociación memorística organiza unha viaxe á illa de Ons que, ao seu regreso e como broche final, rematará co barco fondeado no medio do mar para que os pasaxeiros poidan gozar do fenónemo astronómico do xeito máis tranquilo e dende unha posición privilexiada.

A axenda dese mércores de agosto tan especial arranca ás dez e media da mañá. Está fixada a saída dende o peirado do Cavadelo e con destino á isla de Ons. Alí os viaxeiros poderán gozar da praia e da paisaxe ata o seu regreso. Será nesa travesía de retorno cando o barco fondeará nun punto da Ría para poder gozar do eclipse total. A comida da xornada correrá a cargo dos excursionistas.

O Faiado da Memoria sinala a actividade como unha “forma de disfrutar deste fenómeno dende o mar” e súmaa ás moitas que realiza ao longo de todo o ano. Aquelas persoas que desexen anotarse ou obter máis información ao respecto poden facelo no número de teléfono 986 186893 ou ben escribir á dirección de correo electrónico damemoria@gmail.com.

Evento especial

Cabe lembrar que non só os colectivos e asociacións se suman ás iniciativas por mor do eclipse total de sol do mes de agosto.Tamén o fan axencias de viaxes ofertando paquetes especializados e as propias administracións, que levan xa semanas traballando de forma conxunta na elaboración de dispositivos debido aos desprazamentos que se prevén para esa época. A Subdelegación pediu aos concellos que remitan un listado dos lugares de cadaún dos municipios dende os que ver de mellor forma o eclipse. Ademais tamén elaboraron unha guía para advertir á cidadanía dos riscos que existen se non se utilizan gafas ou materiais homologados.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina