Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Mesa das Verbas convoca o VII Certame Literario das Letras Galegas

O prazo de entrega será ata o 3 de maio

Xermán Torres é o presidente de Mesa das Verbas
Gonzalo Salgado
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Mesa das Verbas convoca  a sétima edición do Concurso Literario Letras Galegas 2026, que conta coa colaboración do Centro Comercial Arousa e da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta, co fin de promover a creación en lingua galega.

Poderá participar calquera persoa que o desexe. En caso de que sexa menor de idade, deberá achegar autorización do seu titor. Ademáis, todos os participantes deberán xuntar un permiso de manexo dos seus datos personais para os únicos efectos de xestión do concurso. Cada persoa poderá presentar só unha obra, que deberá ser un relato curto escrito en idioma galego, orixinal, inédito e que non fose publicado nin premiado en ningún outro certame.

Premios en metálico

O tema é libre e a extensión máxima de cada obra será de dous folios por unha soa cara. As escritas nun procesador de texto deberán presentarse nun tipo de letra Arial de corpo 11 e a as manuscritas en letra lexible, sen manchas. O orixinal do traballo non pode levar ningún sinal que poida identificalo e terá que ir cun sobre pequeno, a xeito de plica, no que apareza o nome do autor e DNI. Os premios son de 400, 300 e 200 euros e inclúen vales de compra no Centro Comercial Arousa. O prazo de entrega será ata o 3 de maio (inclusive) e serán enviadas a Centro Comercal Arousa, Prolongación Parque A Xunqueira, s/n, 36600 Vilagarcía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620