Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

O BNG de Vilagarcía anima á cidadanía a mobilizarse polo 8M

Os nacionalistas advirten dun "rearme" do machismo

Grupo municipal del BNG de Vilagarcía
Grupo municipal del BNG de Vilagarcía
Gonzalo Salgado
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O BNG anima á veciñanza a participar nas mobilizacións convocadas polo Día da Muller. A formación que dirixe Xabier Rodríguez lembra que, segundo os últimos datos dispoñíbeis, no ano 2024 o "40,2% das mulleres en Galiza percibiron ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional, fronte ao 28% dos homes. Se se amplía a análise até 1,5 veces o SMI, o 66,8% das traballadoras sitúanse nos tramos de menores ingresos, o que supón arredor de 360.000 mulleres. Isto significa que preto da metade das traballadoras galegas estarían en risco de pobreza se os seus ingresos dependesen exclusivamente do seu salario individual".

Para os nacionalistas, estes datos desmenten o relato de que a igualdade xa está conseguida e evidencian que as mulleres continúan ocupando as posicións máis precarias no mercado laboral.

A precariedade reflíctese tamén nas condicións de emprego, segundo O BNG, que incide en que as mulleres seguen concentrándose nas xornadas parciais e na temporalidade: o 75,5% das persoas ocupadas a tempo parcial son mulleres, mentres que a estabilidade laboral continúa a presentar unha forte fenda de xénero. Só o 45,8% das mulleres teñen un contrato indefinido a tempo completo, fronte ao 71% dos homes, o que significa que unha de cada tres mulleres non dispón dun contrato indefinido.

A isto súmase a forte concentración feminina no sector servizos. En Galiza, case o 85% das mulleres ocupadas traballan neste sector, principalmente en ámbitos como os coidados, os servizos sociais, o comercio ou outros servizos persoais, actividades nas que, en xeral, canto maior é a feminización, menores son os salarios.

Esta precariedade, subliñan, ten consecuencias directas nas pensións. Así, subliñan que no ano 2024, a pensión media das mulleres galegas foi de 883 euros mensuais, fronte aos 1.317 euros dos homes, o que supón unha fenda do 33% e unha diferenza de 434 euros ao mes.

"Para a nosa formación, esta situación está estreitamente vinculada á distribución desigual das responsabilidades de coidado e á falta de políticas públicas que garantan servizos suficientes. A carga dos coidados segue recaendo maioritariamente nas mulleres e iso condiciona o seu acceso ao emprego e ás condicións laborais”, sinalan.

O BNG tamén critica as políticas da Xunta. A organización denuncia especialmente "o avance da privatización nos servizos públicos e lembra que, no actual mandato, o Goberno galego decidiu eliminar a Secretaría Xeral de Igualdade e privatizar recursos como os novos CIM móbiles ou os centros de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual"

Nun contexto de "rearmamento do machismo e de avance de discursos reaccionarios" defenden que" é máis necesario ca nunca reforzar o feminismo e as políticas públicas de igualdade".

Por todo iso, o dende o BNG animamos á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora o día 8 de Marzo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620