Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Revenidas, finalista en tres categorías dos premios Iberian Festival

A Festa do Marisco do Grove también compite nos galardóns na categoría de mellor celebración votada polo público

Fermín Muguruza na última edición do Revenidas
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Xa é oficial. O festival Revenidas de Vilaxoán é finalista en tres categorías dos prestixiosos premios Iberian Festival Award 2026. É a única cita da zona de Arousa destas características que chega á fase final. Así pois o festival opta a gañar nas categorías de Mellor Programación Cultural, Mellor Cobertura de Vídeo (a cargo de Xoán Tourís) e Mellor Aloxamento e Recepción.

Os finalistas na categoría de Mellor Cobertura de Vídeo foron elixidos mediante o voto do público, mentres que os das outras dúas foron seleccionados por un xurado profesional. Dende a organización sinalan que isto demostra que o Revenidas conta co respaldo dos asistentes e co recoñecemento dos profesionais do sector.

A gala de entrega de premios da oitava edición dos Iberian Festival Awards será o 14 de marzo no Coliseu Micaelense, en Ponta Delgada (Azores).

Presenza do Grove

Por outra banda a Festa do Marisco do Grove tamén figura entre os finalistas na categoría de mellor festividade elixida polo público. É a única candidatura española que pode facerse co galardón, dado que o resto dos nomeados neste apartado son celebracións portuguesas como por exemplo a Noite Branca do Algarve ou o Carnaval de Torres Vedras. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina