O BNG pedirá o apoio do Pleno de Vilagarcía ás protestas da frota contra o regulamento europeo
Piden unha moratoria e a flexibilización da norma mentras no se acorde unha excepción para a frota artesanal

O BNG de Vilagarcía levará unha moción ao vindeiro Pleno para pedir o apoio da Corporación á frota nas protestas contra o Regulamento de Control da Pesca da Unión Europea. Sinalan, neste senso, que o sector se mobilizou para mostrar o seu rexeitamento, acadando o consenso no Parlamento Galego e a proposta tamén da súa formación.
Os nacionalistas inciden en que a frota artesanal galego leva anos reclamando un tratamento diferenciado, atendendo á singularidade da súa actividade, "ao seu carácter respectuoso co medio mariño e á súa importancia económica, social e territorial nas vilas costeiras, onde contribúe de maneira decisiva á fixación de poboación, á xeración de emprego e á dinamización económica local".
O BNG cre que ditas circunstancias non foron tidas en conta á hora de elaborar a nova normativa, xa en vigor, que consideran "ríxida e desproporcionada", ao establecer, entre outras cousas, obrigas materiais como o diario electrónico, que supón custos económicos; ou instalar cámaras a bordo de todos os buques de máis de 18 metros, considerados susceptibles de cometer incumprimentos, "sen definir con claridade este concepto", sinalan os nacionalistas.
Dirixida a Xunta e Estado
Por elo, piden o apoio do Pleno para: instar á Xunta a "defender as súas competencias exclusivas en materia de augas interiores, desenvolvendo normas propias de control; e "instar ao Goberno de España a negociar coa Comisión Europea a eclusión da frota artesanal desta norma, mentras tanto a flexibilizar a súa aplicación e a aprobación dunha moratoria, recuperando o sistema vixente ata agora para capturas menores de 50 kilos.







