Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Catro centros educativos de Vilagarcía cultivan o espírito crítico e as competencias do uso de galego

Alumnado do Armando Cotarelo, O Carril, Castro Alobre e Filipense participan mañá nunha xornada formativa

Mozos de Vilagarcía durante o Parlamento Xove
Mozos de Vilagarcía durante o Parlamento Xove
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle mañá, 15 de xaneiro, unha sesión formativa na que alumnado de secundaria de catro centros educativos do municipio terán a oportunidade de fomentar o seu espírito crítico e mellorar as súas competencias no uso do galego, a través do programa que desenvolve a asociaciación Alingua.

Trátase dunha actividade preparatoria par a nova edición do Clube de Debate que organiza este colectivo e cuxa fase clasificatoria, na que toman parte institutos de 15 municipios galegos, comezará no mes de marzo. De feito, á xornada de mañámn asistirán tamén estudantes de Pontevedra e Rois. A representación vilagarciá comporase de cinco grupos, xa que o Armando Cotarelo presenta dous equipos.

Crear espazos de convivencia

As actividades do Clube de Debate Alingua organízanse en Vilagarcía a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello. O ano pasado, a final deste certame de dialéctica en galego celebrouse no Auditorio Municipal, quedando nun meritorio segundo lugar o grupo do colexio Sagrada Familia Filipense. O resultado dos outros participantes do municipio tamén foi destacado.

A actividade de mañán non é aberta ao público, xa que centrarase en familiarizar ao alumnado nas normas e métodos de desenvolvemento da confrontación dialéctica e en proporcionarlles asesoramento sobre técnicas de comunicación oral e argumentación.

Ademais deste Club de Debate, a asociación Alingua- na que o Concello de Vilagarcía está integrado dende hai anos- promove actividades para fomentar o uso oral do galego en todos os ámbitos da vida e entre todos os sectores da poboación, creando espazos de socialización, convivencia e ocio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620