Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

A veciñanza de Carril pedirá no pleno que se movan fíos para adecentar Rosalía de Castro

La Avenida Rosalia de Castro
A Avenida Rosalia de Castro
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A sesión plenaria de mañá en Ravella –aprazada por mor da actividade de Nadal– chega con demandas veciñais debaixo do brazo. Faino, concretamente, coa presenza da veciñanza de Carril que pedirá o apoio da Corporación para instar á Xunta de Galicia a que arregle dunha vez por todas a avenida Rosalía de Castro. É este un dos viais de entrada máis importantes da localidade e de titularidade autonómica.

Non é a primeira vez que este asunto chega ao Pleno nin tampouco a primeira demanda que chegará ao Rexistro da Xunta de Galicia. De feito hai un meses que o propio goberno municipal liderado por Alberto Varela remitía expresamente á administración autonómica unha misiva pedindo a reparación urxente deste vial, moi deteriorado polo seu uso constante. E é que o tránsito de vehículos por esta avenida é constante, sobre todo durante o período estival.

Baches, firme en mal estado e tamén os problemas existentes coas inundacións en época de choivas son algunhas das cuestións que a veciñanza quere que se resolvan canto antes. Cabe lembrar que no xa rematado ano 2025 se levou a cabo por parte do Goberno central o asfaltado da céntrica Juan Carlos I. Foi aí cando o primeiro edil lembrou ao executivo autonómico a necesidade de actuar tamén en Rosalía de Castro, así como en outros viais da súa titularidade como é Agustín Romero, que arrastra dende hai xa anos graves problemas de accesibilidade.

Agora estas demandas chegarán á sesión plenaria a través da asociación de veciños e veciñas da localidade carrilexa. A cita está prevista para as cinco da tarde e nela tamén se abordarán outras cuestións como as alegacións aos depósitos de betún previstos para o porto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina