
A veciñanza de Vilaxoán demanda a necesidade de reparación urxente da balaustrada que discorre a carón da praia do Preguntoiro. Un elemento que é esencial na zona e que leva anos nun estado de deterioro importante. De feito non é a primera vez que dende a asociación veciñal instan ás administracións competentes a que destinen unha partida orzamentaria a poder arreglar a infraestrutura.
Trátase dunha balaustrada que protexe un paseo que é moi usado tanto pola propia veciñanza vilaxoanesa como polas persoas que vistan este punto da localidade sobre todo durante o verán. De feito a praia do Preguntoiro é un dos enclaves predilectos dos vilagarciáns para gozar no verán.
A da balaustrada non é, en todo caso, a única actuación pendente neste punto do municipio. Tamén o é a propia rexeneración do areal. De feito hai un compromiso firme por parte do Concello para poder buscar unha solución permanente aos problemas de falta de area que esta praia sofre cada ano. Entre as ideas que están sobre a mesa destaca a de colocar como unha especie de tarima de madeira para ocular a parte de formigón que está á vista. Isto non só solucionaría o problema dende o punto de vista estético, senón tamén en seguridade.








