Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Julio Cores | “Antes de subir a escena sempre penso: “por que me metería aquí?”

Naceu no ano 81 como unha das actividades da asociación de pais impulsada polo párroco José Torrado

Clámide é xa toda a unha familia apaixoada polo mundo teatral
Clámide é xa toda a unha familia apaixoada polo mundo teatral
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Julio García Cores é o único dos fundadores do Taller de Teatro Clámide que continúa en activo. Actúa e dirixe, aínda que prefire o primeiro. Hoxe fálanos do amor polo teatro e da historia de Clámide. 

En que etapa está agora mesmo Clámide?

É que o Taller de Teatro Clámide formouse para aprender do mundo do teatro, é unha introducción a el. Non hai unha evolución porque pasou moita xente. Dos que estabamos ó principio, agora mesmo só quedo eu. O que facemos é que a xente colla ese gusanillo polo mundo do teatro.

Como fan que entre ese gusanillo?

Preparamos unha obra de teatro coa xente que se apunte. Primeiro facemos unhas pequenas clases e un reparto de personaxes. Eles van elaborando o seu personaxe e os que temos máis experiencia imos axudando a pulilo para que sexa máis crible.

Que o enganchou a vostede?

É que eu son unha persoa moi tímida e cando tiña 18 anos aquí non había onde ir facer cousas. Entón, o cura párroco, José Torrado, díxolles ós pais que formaran unha asociación para facer actividades para os rapaces. Unha delas era o grupo de teatro. Da man de Maga Martínez, que era directora profesional, empecei. Despois dinme de conta de que, gracias a iso, podía vencer a timidez e facer cousas que me parecía imposible facer.

Pois non é sinxelo subir a un escenario...

Antes de saír a escena sempre penso: “por que me metería aquí, que mal o estou pasando...”

Aínda? Despois de tantos anos?

Si, todos os días. Eu penso que é respecto, porque aínda que sexamos aficionados, hai que ter un respecto a esa xente que veu e que deixou de facer outras cousas para ir a verte e aplaudirte.

Algunha vez houbo algún olvido enriba do escenario?

Moitísimas. Pero vas collendo experiencia e tamén axudan os compañeiros. O teatro é unha cousa de grupo. Uns temos que axudar ós outros e seguir adiante coa obra.

Que recorda da fundación de Clámide, no ano 81?

Moita ilusión. Ó principio eramos unha actividade da asociación de pais, pero cando vimos que funcionaba e empezaron a saír actuacións e recaudar cartos, fixemos unha asociación propia: Taller de Teatro Clámide, na que ninguén cobra. Os cartos son para a asociación, para facer novos espectáculos e, de cando en vez, contratar un profesional que nos dea unhas clases.

Vostede dirixe e actúa. Que prefire?

A min gústame actuar. Dirixir é moita responsabilidade e traballo, porque tes que buscar que todos os personaxes funcionen. Eu douche un papel e ti tesme que traer unha proposta para ese personaxe. Ás veces sorpréndenme os compañeiros, porque me gusta máis a súa proposta que como o tiña pensado eu. Entón adáptome e cambio a idea que tiña.

No ano 86 formaron unha sección a parte. Como foi?

É que había tanta xente que tivemos que formar dous grupos: os máis novos e os maiores, por culpa dos horarios. Daquela eramos 50 ou 60 persoas. Agora bascula moito porque hai pais e nais, estudiantes... é complicado. Por iso tampouco temos, nin buscamos, moitas actuacións.

Que están preparando agora?

Unha adaptación dunha película de Hitchcock, “Los 39 escalones”, que é un pouco turbia, pero nós facémolo en plan cómico, clown. Temos o hándicap de que os cortes da película son moi rápidos e no teatro temos que traballar con dous escenarios. Empezamos en xuño e espero que estea lista para febreiro. Representarémola na parroquia, porque é onde ensaiamos, non nos cobran, déixannos o salón de actos... E despois supoño que en Vilagarcía haberá algunha posibilidade, ou noutros concellos.

Das máis de 20 obras que dirixiu, ten algunha favorita?

A de Valle-Inclán, “Cabeza de Dragón”, porque tivemos que contar con grupos de baile, profesores da escola de música, uns decorados e vestiarios moi elaborados... Foi case profesional. Eramos case 100 persoas traballando. Tiñamos incluso xente para cubrir a todos os personaxes se lles pasaba algo. De feito faciamos dúas funcións, unha con uns e outra cos outros.

Están abertos a que entre máis xente?

Sempre. É que a asociación naceu para iso, para que teñan un sitio onde poder facer teatro. Non se paga nada, porque non se dan clases. Eu, como non son profesional, non son quen. O que fago é compartir a experiencia.

E que consellos lles dá?

Que veñan desfrutar e a pasalo ben. A vivir unhas experiencias que non vas vivir nunca na túa vida. Por exemplo, unha vez fixen de maltratador, e loxicamente non o son. Foi complicado, sobre todo que quedase crible. Incluso miña nai me dicía “non o fagas máis, que non me gusta verte así”. Pero tomas conciencia e posiciónaste.

Tamén fan representacións nos institutos, non?

Un ano fixemos por todos os institutos de Vilagarcía, e ben. Faise cando temos axudas, porque costa mover todo isto. E despois de vernos, sempre se apunta xente.

Que referentes ten a nivel actoral?

Tiven moitos, pero xa non quero ter un en persoa, porque ás veces descobres que non era como pensabas. Pero dígoche dous que foron de Clámide: Anabel Gago e Josito Porto. De feito, Anabel dáme clases agora a min.

Será un orgullo cando alguén que comezou con vós despunta.

Moitísimo. Ademais é moi sacrificado, hai que deixalo todo para adicarse a isto. A cultura, cando hai malos tempos económicos, sempre é onde primeiro se recorta, pero a xente necesítaa, como vimos na pandemia. Un país é máis forte canta máis cultura ten.

0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica