Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Os plans de sostibilidade turística da Deputación melloran os destinos de visitas nas comarcas

A Deputación da Coruña conta con tres Plans de Sostibilidade Turística nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

O plan para as Fragas do Eume buscan atender á demanda de produtos turísticos que xeran novas experiencias
O plan para as Fragas do Eume buscan atender á demanda de produtos turísticos que xeran novas experiencias
Cedida
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

Mobilidade sostible, consideración de novos puntos de atracción turística ou adecuación de modelos de uso público de espazos naturais son algúns dos obxectivos que os Plans de Sostibilidade Turística en Destino  –PSTD– desenvolven na provincia da Coruña e que teñen nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal varias experiencias en marcha.

A zona do Eume conta cun plan de sostibilidade concreto, o PSTD Fragas do Eume, que busca mellorar e crear novos equipamentos e servizos que poidan atender á demanda de produtos turísticos capaces de xerar novas experiencias, que afectan, neste caso, aos concellos da Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero e Pontedeume. O seu principal elemento vertebrador é o río Eume, que, no seu curso medio e baixo, baña o Parque Natural Fragas do Eume.

A posta en marcha de roteiros micolóxicos, florísticos ou  etnográficos, a implantación dunha lanzadeira eléctrica, a posta a disposición dun aparcadoiro disuasorio e outras melloras de mobilidade, como zona de autocaravanas en Cabanas, son algúns dos contidos do PSTD referido a esta área natural da provincia.

A potencialidade do lago das Pontes tamén forma parte deste plan sostible coa creación dun centro BTT e a adecuación de roteiros de cicloturismo e bicicletas eléctricas.

Non falta tampouco no PSTD Fragas do Eume unha aposta pola transición dixital para poder adaptar a comarca ás novas tecnoloxías no ámbito do turismo, tanto público como privado.

Que a comarca conte coa figura da Unesco de Xeoparque é xa de por si un atractivo turístoco que fai que o Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal conte tamén co seu propio Plan de Sostibilidade.

Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño son os concellos das comarcas de Ferrol e Ortegal que contan con este destino, baseado loxicamente no xeoturismo e con accións para revalorizar ese patrimonio singular.

Un dos piares destas actividades de potenciación turística é o trazado de roteiros de sendeirismo e BTT polo territorio do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal, que melloren a experiencia da visita, fomenten a mobilidade sostible e os hábitos de vida saudables, e sirvan de infraestrutura turística para as empresas de turismo activo do territorio

A tecnoloxía para potenciar este destino, por medio da creación dunha central de reservas para a venda directa dos produtos, experiencias e actividades do territorio do Proxecto ou dunha App para a xestión e promoción do Camiño a Santo André de Teixido, son algunhas das propostas que se porán en marcha dentro do PSTD de Xeoparque Cabo Ortegal e que incluén tamén redes de centros interpretativos desta zona, como  o Museo do Mar de Cedeira, Océano Surf Museo, Castelo da Concepción, Castelo de Moeche ou o Centro de interpretación da paisaxe de Ortigueira.

O terceiro dos plans que afectan ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal é o PSTD Centro histórico de Ferrol e patrimonio militar da Costa Ártabra. Neste caso o obxectivo é o de recuperar precisamente ese patrimonio histórico aproveitando o reclamo turístico sostible, en colaboración coas administracións locais.

A recuperación do observatorio de Monte Ventoso e a mellora de toda a contorna das baterías, tanto no que ten que ver cos aparcadoiros disuasorios que eviten o acceso con vehículos privados ata as propias infraestruturas das baterías e do centro histórico de Ferrol como coa creación de rutas ciclables e para peóns, son obxectivos deste PSTD, que inclúe ademais actuacións concretas na cidade naval, vinculadas co Camiño Inglés e coa humanización de espazos.

Máis aló das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, a Deputación conta con outros dous Plans de Sostibilidade Turística en Destino, Os Fogóns de Anllóns e a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle.

Ao respecto do primeiro, trátase de converter a riqueza natural, histórica e gastronómica do territorio nun lugar idóneo para a posta en marcha de actividades turísticas, posicionando aos concellos de Anllóns como destino de turismo de natureza e gastronómico –recuperación de praias fluviais, cicloturismo, aparcadoiros disuasoiros, etc–.

O PSTD Destino Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle busca aproveitar a oportunidade que supón a vertebración do territorio a través desde trazado, integrado no produto Vías Verdes, para o aproveitamento e a posta en valor dos recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos dos concellos polos que discorre, e maximizar así o seu desenvolvemento turístico.

Para manter a zona nas mellores condicións, prevese a posta en marcha dun plan de seguimento ante o risco de inundacións dos ríos Tambre, Lengüelle e Tourío.

Áreas de descanso protexidas do sol e con pérgolas ou eliminación de flora exótica incorpóranse tamén neste PSTD para mellorar o potencial turístico de calidade.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina