Cociña de culler e con productos da Praza de Vilagarcía
O director xeral de Consumo da Xunta, Gabriel Alén, visitou as instalacións situadas en García Caamaño

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe en Vilagarcía á iniciativa 'Cociña de culler', organizada pola Federación de prazas de abastos de Galicia e apoiada pola Xunta de Galicia, que ten como obxectivo fomentar os hábitos alimenticios saudables e con produtos frescos.
Alén fixo un percorrido polos distintos negocios asociados, co gallo de impulsar as compras de produtos de proximidade para a elaboración de pratos típicos desta época do ano.
Asemada, o director xeral adiantou que no marco do Plan Estratéxico de comercio de Galicia 2025-2030 consolidaranse o ano que vén iniciativas a prol das prazas de abastos, como as destinada s a fomentar a sú certificación como Mercados Excelentes, selo que ten o de Vilagarcía, pero tamén promovendo a rehabilitación de edificios e a súa dinamización.