Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

A "rebelión dos netos" e a restauración da dignidade na proxección de "San Simón"

A presentación da película en Vilagarcía, coa presenza do director e de parte do reparto, encheu unha das salas dos Multicines

Los arousanos que participaron y colaboraron con la película "San Simón"
Os arousanos que participaron e colaboraron coa película "San Simón"

Unha das salas dos Multicines de Vilagarcía encheuse non só de público, senón tamén de memoria e dignidade. Fíxoo na proxección do filme "San Simón", dirixido por Miguel Ángel Delgado e que contou coa colaboración do Faiado da Memoria. 

A proxección da película, en lingua galega e galardoada en festivais de cinema como o de Ourense, estivo seguida dunha charla-coloquio na que participaron non só o actor protagonista, o cambadés Flako Estévez, senón tamén o director e algúns dos familiares dos que na realidade, e non na fición, tiveron presos na illa da Ría de Vigo. "Esta é a rebelión dos netos. Os nosos familiares non eran asasinos e iso hai que poñelo en valor para que quede ben claro. O meu avó o único que fixo foi organizar aos labregos contra o cacique", sinalou Manuel Carbia, neto dun dos represaliados. El foi un dos moitos arousáns que estiveron na rodaxe, con participación directa, deixando para a historia unha cinta audiovisual que, ante todo, foi realizada dende o respecto.

Flako Estévez refrendou as palabras de Carbia incidindo en que "non era un cárcere o que había en San Simón, senón un campo de concentración. Nas prisións están os que cometeron delito e eles non fixeran nada". O director explicou pola súa banda o feito de ter utilizado o blanco e negro para a película: "Quería alonxarme un pouco da realidade" e incidiu en que "San Simón" naceu coa idea de "non olvidar e que iso non volva a repetirse".