A revolución do Castro Alobre contra os "armarios que oprimen"
O acto foi organizado polo Equipo de Diversidades Afectivo Sexuais do instituto de Vilagarcía

O instituto Castro Alobre, de Vilagarcía, conmemorou o Día Internacional da Saída do Armario coa súa particular "revolución". Cun armario ficticio, para simbolizar os que seguen a ser máis que real, alumnos e profesores do centro pronunciáronse contra as persecucións, as humillacións, as condenas a prisión ou incluso a morte, que sofre o colectivo Lgtbiqa+ no conxunto do planeta.
"Maldecimos aos que fixeron que existan os armarios", proclamou unha das docentes, nun acto que está organizado polo Equipo de Diversidades Afectivo-Sexuais do IES Castro Alobre, co apio de toda a comunidade educativa. As súas maldicións non esqueceron aos que mandan mundialmente, como Netanyahu ou Donal Trump, mentras que presentes nas súas reivindicacións estiveron os que peor eso están a pasar nestes momentos, como "os palestines" e, en concreto, "a comunidade Lgtbiqa+".
Non foi un acto pacífico. Así o reivindicaron os propios organizadores. Non pode selo nun momento no que "ser é revolucionario" xa que "se persegue o noso amor, o noso ser". "Somos un grupo de alumnes e profesores orgullosos", explicou unha docente, rodeada das bandeiras arcoiris que locen no centro.
Un recreo reivindicativo
Os actos tiveron lugar durante o reivindicativo recreo e se trata dunha conmemoración que o Castro Alobre leva anos levando por bandeira, como forma de "afirmación e dignificación da identidade Lgtbiqa+".
Houbo tamén un momento para reivindicar os exemplos que loitaron polos dereitos da comunidade, como o escritor Oscar Wilde, que sufrió cárcere por ser homoseual, ou Elisa e Marcela, as galegas que protagonizaron a primeira voda lésbica en 1901. Pero sobre todo, o acto foi para vislumbrar un futuro mellor, "nos que a tiranía e a opresión" non existan. No que os armarios sexan lumbre.
