Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Trabanca Badiña empeza as festas na honra de San Miguel que deseguido celebra A Torre

Haberá verbenas, actividades para os rapaces e pasarrúas

Imaxe de archivo do San Miguel de Trabanca Badiña
Imaxe de archivo do San Miguel de Trabanca Badiña
Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O “San Migueliño das uvas, tarde vés e pouco duras” acaba de desembarcar coas súas celebracións en Vilagarcía. Primeiro – e dende hoxe– son os veciños de Trabanca Badiña os que honrarán a este santo e, deseguido e a vindeira fin de semana, tocaralle a quenda aos da Torre.

Así pois as celebracións en Trabanca empezan hoxe ás cinco da tarde con colchonetas e inchables no campo da festa. Mañá o día comezará coa alborada a cargo das Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa e da charanga Xuntanza. Ás doce do mediodía oficiarase a misa cantada pola Coral Amencer, seguida da procesión. A sesión vermú será con DJ Óscar e pola noite a verbena estará amenizada polo mesmo pinchadiscos e polo cantante Dieguiño.

A segunda cita

Pola súa banda na Torre as festas comezan o día 3 cos pasarrúas a cargo dos Terribles de Arousa. Pola noite a verbena será con Gran Parada e co grupo Alkar. O sábado 4 a alborada será con Charanga do Noroeste e Grupo Folclórico Mocedade da Torre 83. Ás 13:30 será a sesión vermú e a sardiñada na Praza de San Miguel e ás 17 Javi Solla fará sesión de animación. Pola noite a verbena é con Saudade e América de Vigo. O día grande é o 5 ás 12 con misa e procesión.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620