Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

O Folk Alobre segue adiante: Isto é todo o que tes que saber sobre esta romaría

A primeira parada é ás 11 da mañá en Ravella cun roteiro guiado con Xurxo Souto

Imaxe dunha edición anterior do Folk no Alobre I Gonzalo Salgado

Unha visita guiada a cargo do polifacético Xurxo Souto e musicada polos Demos da petaca será hoxe o punto de partida dunha nova edición do Folk no Alobre. O particular roteiro arrancará ás once da mañá dos Xardíns de Ravella e para participar non é precisa a inscripción, só estar no lugar indicado á hora.

Esta será a primeira cita dun día cargado de música, gastronomía e ata de obradoiros. Como xa se sabe a romaría tívose que atrasar ata en dúas ocasións por mor do mal tempo. En principio, o pronóstico para esta fin de semana apunta a que a choiva respectará a cita, pero de non ser o caso todo o Folk no Alobre se trasladará á Praza da Peixería.

Tras a visita guiada será a quenda da sesión vermú ás 12 horas coas armadanzas Montse Rivera e Mercedes Prieto. A continuación terá lugar o xantar popular, no que cadaquén levará a súa propia comida. O espazo contará con mesas e cadeiras que pon o Concello e estará amenizado por grupos tradicionais. Ás 16 haberá un obradoiro de baile tradicional e ás 17 empezarán os concertos con grupos como Malvela, Abril ou Davide Salvado e Fransy González. Todos teñen acceso libre e gratuíto para quen queira asistir.