Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Valga

O colexio Baño-Xanza terá una rampla peonil para a seguridade dos nenos do Plan Madruga

O colexio Baño-Xanza terá una rampla peonil
O colexio Baño-Xanza terá una rampla peonil
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O colexio Baño-Xanza contará cunha nova rampla de acceso peonil que o Concello está a habilitar no lateral máis próximo ao edificio de Educación Infantil e que ten como obxectivo prioritario reforzar a seguridade do alumnado do Plan Madruga.

Esta actuación responde a unha demanda directa das familias usuarias deste Plan Madruga, para garantir unha entrada máis segura e áxil aos nenos que empregan este servizo municipal de conciliación.

O programa desenvolvese diariamente nas instalacións do CODI co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. Unha vez rematadas as actividades previas ao horario lectivo, o alumnado desprázase a pé ata o recinto escolar, situado a pouca distancia.

Con esta nova infraestrutura trátase de evitar que este grupo de alumnos accedan ao colexio pola entrada principal, un punto no que xusto antes das clases, se produce unha elevada concentración de vehículos particulares e de transporte escolar.

Así mellórase a seguridade, ao eliminar a interacción dos menores co trafico; redúcese o traxecto, ao contar cun itinerario máis directo e rápido entre o CODI e o colexio; e axilízase a circulación, reducindo a mobilidade peonil nas zonas de aparcadoiro e acceso de autobuses.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620