Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Valga

Valga reparte 40 viaxes do Imserso tras levar unha axencia á vila

Imagen de archivo del Concello de Valga
Imagen de archivo del Concello de Valga
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A campaña posta en marcha polo Concello para facilitar a tramitación das viaxes do Imserso pechouse despois de tres días cun total de 64 persoas atendidas, e máis de 40 viaxes repartidas entre os pensionistas de Valga co Programa de Turismo Social.

O persoal da axencia Galaica Tours desprazouse ao municipio para xestionar as reservas despois de que o Ministerio de Dereitos Sociais e Consumo suprimira o convenio que mantiña dende hai anos co Concello, e que permitía a Valga dispoñer de case 100 prazas propias para distribuír entre os veciños. O destino con maior volume de prazas foi Andalucía, en concreto as provincias de Almería, Málaga e Cádiz.

Segundo explicou Tino Rodríguez, axente de Galaica Tours, todos os veciños citados para a xornada do día 14 conseguiron o seu destino. Na xornada do martes pecháronse a meirande parte das viaxes e onte “tamén puidemos ofrecer saídas culturais a zonas coma Palencia, Valladolid e Cantabria”.

As persoas que non obtiveron praza permanecen en lista de agarda á espera de baixas ou de que se liberen novas opcións. Aínda que Galaica Tours non dispón de oficina física no municipio, dende a axencia amósanse comprometidos a seguir prestando atención aos veciños de Valga. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620