Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Pontecesures

Cándido Duro Domínguez | “A novela naceu no traxecto en tren de Pontecesures a Vigo”

O escritor de ‘Próxima Estación' presentará a súa primeira novela mañá, coincidindo co Día do Libro, na Biblioteca de Cesures ás 20:00 horas

Cándido Duro Domínguez coa súa novela ‘Próxima Estación’
Cándido Duro Domínguez coa súa novela ‘Próxima Estación’
D.A.
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Cándido Duro Domínguez é de Pontecesures, onde presentará mañá, ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal, a súa primeira novela: ‘Próxima Estación’. O escritor dá con esta obra un salto a un estilo totalmente novo, xa que ata o de agora só escribira poesía en galego, pero as súas viaxes en tren foron o seu mellor aliado para iniciar unha historia que agora pode chegar ao lector para afondar nas temáticas máis recorrentes que caracterizan a sociedade galega.

¿Como nace ‘Próxima Estación’?

É a miña primeira obra en castelán e a miña primeira novela tamén, aínda que está ambientada totalmente nesta terra, en Pontecesures, no traxecto do tren entre Pontecesures e Vigo Guixar. Aí transcorre todo o pensamento do protagonista, que vai rememorando a súa vida nese ir e vir do traballo, porque el traballa en Vigo, na Dirección Provincial do SEPE, pero vive en Pontecesures. Nesas viaxes vese interrompido pola xente que entra no tren ou que se senta ao seu lado, xente coa que conversa sobre política ou outros temas, e que o leva a divagar.

Todo o anterior que fixeches foi poesía en galego, por que agora este cambio á novela e por que en castelán?

Pois porque me presentei ao Premio Azorín en 2024, un premio internacional de narrativa de novela curta, aínda que toda a sensibilidade é en galego. Creo que fun demasiado ambicioso ao meterme en semellante “fregado”, pero mellor así porque retomei a novela e melloreina, e quedou un libro medianamente decente, creo eu. Iso si, o borrador escribino no tren hai cinco anos, pola época da pandemia, porque ao final esta é unha obra en parte autobiográfica que se me ocorreu para aproveitar o tempo de camiño ao traballo, no tren. Pode interpretarse como unha novela autobiográfica, pero tamén trata temas recorrentes da sociedade galega, como pode ser o concepto da emigración.

Menciónanse espazos recoñecidos de Pontecesures na obra? E que outros lugares se describen?

Si, na obra menciónanse espazos de Pontecesures como Porto, que é onde nacín, Porto de Abaixo, tamén Padrón, Campaña, as fábricas de aluminio, Madrid, por exemplo, e a Universidade Rey Juan Carlos.

Comentábasme tamén que vas a presentar tamén en Vilagarcía, pode ser?

En Vilagarcía vou estar no stand da Mesa das Verdes o Día do Libro, así que estarei pola mañá en Vilagarcía e pola tarde, ás oito, na Biblioteca de Pontecesures. O que si me gustaría destacar é que este libro nace grazas á colaboración desinteresada do gran ilustrador e maquetista Serxio Suárez Bandín, que xa colaborou comigo noutros libros no deseño e na maquetación. Tamén quería destacar o labor encomiable na corrección que fixo Fernando Salgado, corrixindo o libro e estilizando o texto, porque a realidade é que hai moito traballo detrás, máis ala da escritura.

Que esperas de ‘Próxima Estación’? Onde queres chegar?

O importante é que lle guste ao lector, iso é o fundamental. O máis importante é que enganche e que dea pé ao debate, e creo que, nese aspecto, as críticas que estou tendo son bastante positivas. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620