Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Caldas

Cristina Vázquez | “Eu atopei familias que non queren que os seus fillos lean en galego”

Ela é unha das bibliotecarias de Caldas e quen recibirá este ano o premio Xan Constenla na XII edición da Festa da Lingua 2026

Cristina Vázquez en la Biblioteca Pública Municipal de Caldas Manuel Martínez Ferro
Cristina Vázquez en la Biblioteca Pública Municipal de Caldas Manuel Martínez Ferro
Gonzalo Salgado
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Cristina Vázquez leva máis de 20 anos promovendo o galego na biblioteca de Caldas. Agora, na XII edición da Festa da Lingua 2026, que se celebrará o próximo 15 de maio, recibirá o premio Xan Constenla polo seu traballo de dinamización na biblioteca caldense e pola súa labor como contacontos nesta lingua.

O premio recibiu este nome na pasada edición, en honra de Xan Constenla, profesor do CPI Domingo Fontán de Portas, veciño de Caldas e un gran impulsor desta festa, falecido en 2024.

Que supuxo para ti saber que ías recibir o premio Xan Constenla?

Foi unha sorpresa, a verdade. Unha profesora amiga miña convidoume a tomar un café para falar dun proxecto e, finalmente, chegou para darme a carta na que me comunicaban que recibiría este premio, unha mostra de agarimo inesperada. Foi moi emotivo porque parece ser que foi unha decisión tomada nunha reunión na que os centros escollían unha persoa, e o meu nome foi o único que se repetiu.

Na carta indicábante catro razóns polas que recibirás este premio

Si, unha delas é o meu papel na biblioteca, onde dinamizo o espazo xunto coa miña compañeira. Outra, como contadora de contos, pero tamén como defensora da lingua galega e do feminismo. Como bibliotecaria, si que quería destacar que eu non traballo soa. Eu e a miña compañeira levamos máis de 20 anos traballando xuntas e desenvolvendo moitas iniciativas.

Algunha especial que te marcara nestes anos?

Se teño que destacar algunha, vénme á cabeza cando faciamos intervencións en Radio Caldas. Polo Día do Libro tiñamos un programa especial desde a biblioteca, ao que viña alumnado de distintos centros educativos para recomendar lecturas ao seu gusto. Foi un proxecto moi bonito que implicaba aos centros educativos, pero tamén a moita máis xente. Así, o 23 de abril pasabamos a tarde enteira na biblioteca, pero chegou un momento no que se volveu complexo e necesitabamos máis axuda. Ademais, nos últimos anos vimos que a xente estaba máis cansa, e pensamos que era mellor deixalo como un bo recordo e retomalo nalgún momento, antes que queimar unha iniciativa que funcionaba ben.

“Paréceme preocupante que os nenos e nenas escolarizados e con pais galegos, teñan dificultade para ler en galego”Cristina Vázquez, bibliotecaria de Caldas de Reis

Notaches algún cambio con respecto ao uso do galego nos últimos anos?

Eu adoito preguntar se a xente le en galego e animo a facelo. Nestes anos notei certos cambios, pero non sabría dicir se foron a mellor. Non é infrecuente atopar familias que non queren que os seus fillos de tres ou catro anos lean en galego por medo a que iso lles dificulte despois a lectura ou a fala en castelán. O que pasa é que despois, cando son máis maiores, volven pedindo material para mellorar a súa fluidez en galego, e eu penso, claro, é que sementamos o que recollemos. Tamén hai xente sen conexión previa con Galicia que chega aquí por diferentes circunstancias e o primeiro que fai é vir á biblioteca para aprender galego. Non me atrevo a dicir se a situación mellorou ou empeorou, pero paréceme preocupante que nenos e nenas escolarizados en Galicia, con pais e nais galegos, teñan dificultades para ler en galego.

Cal cres que é o reto que enfronta o galego a día de hoxe?

Aínda que hai moito que mellorar, estamos no camiño. Temos todos os recursos ao noso alcance para que a lingua galega sexa unha lingua viva. Temos que seguir apostando polos recursos e por espertar o interese, porque unha cousa leva á outra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620