Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilagarcía

Santiago Cortegoso: “A Penélope do meu Ulises é unha muller independente que non espera ao seu amado”

Foi no ano 2010 cando Santiago Cortegoso decidiu facer unha readaptación “á galega” do clásico de Homero “La Odisea”. Das súas investigacións e do seu bo facer á hora de escribir veu a luz a peza “O charlo de Ulises”, que este mesmo venres desembarca no Auditorio de Vilagarcía da man do Centro Dramático Galego.

A súa é unha reinvención do clásico, pero donde a emigración ten un papel moi destacado...

Eu traballara hai anos nunha obra chamada “Emigrados” e o certo é que é un tema que forma parte de modo indiscutible da cultura galega. Ocorréuseme escribir unha peza na que a historia de Homero -cun Ulises que tamén era como un emigrante- se mesturara coa vida dun emigrante galego.

Entón os que vaian a ver a obra o venres a Vilagarcía non atoparán unha reprodución do clásico tan coñecido...

O público que coñeza a obra de Homero vai poder ver e reflexionar sobre máis detalles, pero o certo é que a poden ver tamén os que non saiban nada dela. A peza segue a nivel argumental moi fielmente á Odisea e, de feito, os personaxes chámanse igual. A cuestión é que a historia vai cambiando poñendo aos protagonistas en situacións propias do século XX, sobre todo relacionadas coa emigración.

Entón hai certamente un Ulises na obra teatral?

Si, e tamén un Telemaco que ten que emigrar como seu pai, porque os mozos hoxe tamén teñen que marchar, aínda que neste caso vaise a Londres. E tamén está Penélope, pero coa salvedade de que non espera vinte anos polo seu amado como no clásico, senón que ten a súa vida, é unha muller independente porque nun mundo coma o actual a muller cumpre un papel moi distinto.

É unha obra para todos os públicos?

É unha obra para un público adulto, pero tamén pode verse entre a rapazada dos institutos, por exemplo. A peza deixa un final aberto para que o espectador constrúa tamén a súa propia historia. Digamos que non se conta todo. Por iso digo que se les a Odisea lle podes sacar moito máis partido. Iso si, entre xente que a está vendo alí donde se representou ten tido moi boa acollida. A semana que vén “O charco de Ulises” viaxa a Montevideo, a un mundo donde hai moita emigración galega e donde supoño será emocionante vela.