Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Unha esmola polos defuntiños... e polo volcán de La Palma

O Halloween e o Samaín van tomando forza en Arousa ano tras ano. Moito habería por debater das orixes da celebración, de se é ou non moda importada de América. Pero ese debate á localidade de A Illa dalle igual. Porque iso dir porta a porta a pedir doces no día de Defuntos é algo que se leva facendo décadas, xeración tras xeración, moito antes de que ninguén puidese culpar a Hollywood de traer unha moda máis ou menos foránea. En A Illa pérdese o recordo dunha tradición que segue viva, a de procesións de nenos que cada 2 de novem­bro se botan ás rúas para petar nas portas e pedir unha “esmola polos defuntiños que van aló”.

Este ano volveron colleitar un bo número de doces, de todo tipo. Para moitos, a verdadeira sorpresa levárona ao chamar á porta da asociación de mexilloeiros San Xulián, onde a directiva acordou este ano non dar larpeiradas, senón plátanos, de Canarias. E algo de material escolar. O segundo, obvio para que. O da froita: Para axudar á economía do arquipélago tras a erupción do volcán de La Palma e para voltar un pouco máis ás orixes da festa en A Illa, cando, non hai tantos anos, as lambetadas eran rarezas e o habitual que os nenos puideran reunir alguna peza de froita, castañas e pouco máis. Un regreso á máis pura tradición o de este ano, cargado á vez de solidaridade entre illas.