Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

O reflotamento do barco “L’etel” en Ribeira demórase á espera de que acuda unha pontona a sacalo

Transcurriron xa case un par de meses desde que Portos de Galicia adxudicou os servizos de reflotamento, remoción e xestión de residuos do buque pesqueiro “L’etel” a Ardentía Marine S,L. por 332.447 euros e un prazo de execución de catro meses, pero o casco segue afundido e con a quilla ao sol no peiraro de Ribeira desde unha noite de forte temporal rexistrado a finais de xaneiro de 2020. Desde o ente autonómico explicaron que esta demora ten a súa explicción en que desde a compañía se solicitou hai varias semanas unha prórroga para xestionar con outra empresa proveedora de servizos para poder contar cunha plataforma elevadora para poder usala e que a manobra se poda desenvolver dunha maneira máis limpa, máis rápida e con menos molestias.

Este periódico puido saber que trátase dunha pontona que actualmente atópase en Holanda e que Ardentía Marine está realizando todos os trámites para que, aproveitando que o seu seguinte destino será Castellón, durante o traxecto que percorra poida facer unha escala na capital barbancesa para empleala no reflotamiento do referido palangreiro de 35 metros de eslora. Nestes momentos estase á espera de que conclúan os traballos nos que se está utilizando esa plataforma nos Países Baixos para ver a posibilidade de traela ata o peirao de Santa Uxía. Unha vez empecen os trabaloos, Portos de Galicia tamén vai proceder a retirar a súa barreira anticontaminación que permanece na zona onde afundiu o “L’etel” para que Ardentía Marine coloque a súa. A primeira que se puxo foi retirada e estaba ateigada dunha tonelada y media de mexilla. A barreira que segue instalada está repleta de algas e o seu peso é sensiblemente inferior.