Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

TELMO, A CULPA FOI DO CHA-CHA-CHÁ

Desde logo que hai algúns políticos que non teñen remedio. Mirando para o panorama existente, non sei si será por cuestións relacionadas co aire que circula por Madrid, pero a verdade é que estamos a escoitar cada cousa que, manda demo! Un queda auténticamente abraiado. Onte saíu a “lideresa” do Partido Popular da  Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, anunciando a convocatoria urxente dun congreso da súa formación política para plantexar solucións de futuro ante a derrota, sen paliativos, da súa candidatura á Alcaldía da capital do Estado. Ela, polo menos falaba de que lles faltou humildade e de que “a consecuencia máis evidente dos nosos resultados é que non soubemos estar á altura do que sempre temos predicado, nin do que os ciudadáns esperaban de nós”, dixo Aguirre ao tempo que anunciaba que non se presentará ao congreso “fundacional” do seu partido. Máis sorprendente foi o doutro insigne alcaldable do PP, Telmo Martín, quen tampouco obtivo a investidura agardada o pasado sábado en Sanxenxo e que tamén frecuenta os ambientes madrileños. Non se lle ocorreu outra cousa que botarlle a culpa do seu fracaso á anterior alcaldesa desta formación política, Catalina González, quen olliplática non daba crédito ao que estaba a escoitar a través dos medios radiofónicos. É que, segundo Telmo Martín, a responsabilidade de non ter acadado o obxectivo de recuncar na Alcaldía de Sanxenxo, despois do seu periplo de oito anos intentado conquistar o sillón de Lores en Pontevedra e fracasar estrepitosamente, é da súa antecesora que, ao parecer, non soubo nin ser humilde, nin estar á altura das circunstancias, faltou á austeridade en momentos de crise e que dividiu ao partido… dixo, entre outras lindezas. Catalina debeu pensar: “Corpo a terra que veñen os nosos…” Todo esta retahila de lamentacións e acusacións, aderezadas por unha musiquiña de fondo, sonaría dun xeito similar a aquela canción de Manolo Escobar, aínda que con outra letra que diría algo así como: “Onde estarán os meus votos, onde estarás os meus votos, roubáronmos, a noite mentras durmía…”. En fin, que si, que a solución pasa tamén pola convocatoria urxente dun congreso local, xa solicitado ao presidente provincial do PPdeG en Pontevedra, Rafael Louzán, que bastante ten xa co seu…Si a Esperanza Aguirre se lle asocia coa música e o popular baile madrileño do “Chotis” a Telmo Martín se lle está relacionando nos principais mentideiros políticos da comarca con Gabinete Caligari e o seu mítico éxito: “A culpa foi do Cha-cha-chá” que, como sabemos, di na súa letra aquelo de: “La culpa fue del Cha-cha-chá, sí fue del Cha-cha-chá, que me volvió un caradura por la más pura casualidad”... ou non?.