Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Chipre, o aforro cuestionado

Todo o espectáculo montado arredor do resgate da banca chipriota deixa un sabor amargo e non poucas perspectivas negativas, para os Estados integrados na eurozona. A primeira e máis evidente, que para defender os intereses dos grandes bancos de Centro Europa, que prestaron alegremente, a Troica está disposta a todo, ignorando os custes económicos e sociais. Por exemplo, a considerar os aforradores como accionistas, facéndoos responsábeis subsidiarios da mala xestión das entidades de crédito. O corte dos 100 mil euros como excepción a esta regra, que ao final se aplicou en Chipre, non é unha garantía tendo en consideración: o unitario reaxer chipriota, as tensións dentro da Troica, as ameazas de Merkel, e as declaracións despois do último acordo feitas polo presidente do eurogrupo, o holandés Dijsselbloem.  
Diferenciar os depositantes que teñen máis ou menos de 100 mil euros ten unha dobre finalidade, por unha banda, evitar unha oposición social masiva dividindo os afectados, e pola outra, non minguar máis o consumo, xa que neste intre as familias e pequenas empresas están a botar man dos aforros para os gastos cotiás. Mais, isto non evita que uns e outros saiban que non teñen seguros os cartos, e que en calquera momento poden ser afectados polo curralito. Todo amosa que as consecuencias desta decisión por parte da Troica aínda non se deixaron sentir, porén que serán moitas e moi importantes, xa que afectaran a medio prazo aos depósitos bancarios, agravando a situación das entidades crediticias. Do que non hai dúbida é que esta medida non atinxe a todos por igual, xa que as grandes fortunas están investidas en accións e propiedades, ou refuxiadas en paraísos fiscais.  Que neste caso o resgate afecte a moitos empresarios e especuladores rusos tamén terá consecuencias económicas e políticas, máxime cando a UE e os Estados Unidos necesitan de capitais exteriores para superar a crise. Os investimentos de Estados competidores non están garantidos, e polo tanto deixarán de ingresar e serán recolocados en lugares máis fiábeis. Son as regras de xogo do sistema capitalista nesta etapa de globalización neoliberal.