Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

VILAGARCÍA: ENTRE SANTO TOMÁS E OS SAN PEDROS...

Desde a tradición bíblica o destino dos pobos está en mans de dous nomes con especial ascendencia no devir histórico da humanidade. Un deles é Tomás, que segundo varias pasaxes do Evanxelio de San Xoán era un dos discípulos de Xesús e que tiña como apelativo o de dídimo, é dicir, o xemelgo ou mellizo. Así, o seu nome completo era Xudas Tomás Dídimo. As poucas noticias que deste discípulo se teñen, sitúanno como un dos máis incrédulos daquela ducia de evanxelizadores que acompañaban a Xesús e era, seguno se conta, aquel que enredaba con ocurrencias e propostas incómodas ao Mesías. Así, a Xudas Tomás Dídimo atribúeselle aquela pasaxe segunda a cal se lle anuncia a resurrección de Xesús e el négase a admitila: “Si non vexo nas súas mans o sinal dos cravos e meto o meu dedo no lugar dos cravos e a miña man no seu costado, non crerei”. Ao parecer, segundo a tradición, oito días despois, Tomás tocou coas súas propias mans as feridas de Xesús e este tivo que lle recriminar coa famosa frase “tiveches que ver para crer…” que moitos atribúen a San Tomás de Aquino, pero “aquí non” encaixa coa realidade histórica… Outro personaxe bíblico importante é o de Gaspar que, segundo os relatos evanxélicos, foi un dos tres magos ou sabios que, seguindo un extrano astro que moitos identifican cunha estrela fugaz de cinco puntas, chegaron ata Nazaret para lle entregar presentes ao rei dos xudeos. Moito máis non se sabe deste barbado rexio amigo das “maiorías”. Algúns din que o seu nome provén do persa “kansbar”, que significa “administrador do tesouro”. Tamén aparece recollido que tanto el, como os outros dous compañeiros, morreu á idade de 109 anos como un mártir. E diredes vós, que ten que ver todo esto coas eleccións municipais en Vilagarcía? Pois seguramente nada, pero outro día, á saída da misa de don Manuel Couceiro Cachaldora, na Nosa Señora da Xunqueira, un vello comentáballe a outro: “O resultado das eleccións parécese moito ás cousas da Igrexa. O tema vai a estar entre Tomás e os San Pedros”. E preguntoulle un amigo que estaba con el, de boina e cabicha nos beizos: “Quen son os San Pedros?” E el contestoulle: “Os outros, os que din que van ser chave do goberno, é dicir, os San Pedros que van abrirlle a uns ou a outro a entrada no paraíso”. E rematou o incrédulo da boina: “Non sei. Mentras non o vexa, non o creo”, ou non?