Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Boa mostra didáctica sobre o chamado humor inglés pode ser aquel mítico titular dun dos seus xornais no que se indicara: “Néboa na Canle da Marcha, o continente illado”. Unha certeira metáfora do fondo agochado neste proceso de referendo sobre a permanencia ou saída do Reino Unido da Unión Europea. Sexa cal for a decisión final da súa cidadanía na cita coas urnas do próximo 23 de xuño, a política británica sairá gañando fronte á comunitaria. Certeza absoluta.
Pouco espazo fica no interese cidadá, dos de aquí, a respecto da opción do Brexit e da súa análise sosegada polo que afecta ao futuro da Unión Europea; situados como estamos entre o ruído das balas criminais que desde o alén do Atlántico marcan as páxinas de sucesos e do debate político e social sobre os perigos do islamismo, sexa por acción programa executada en grupo ou simple crime de lobo solitario; e a lóxica colocación do foco de interese xornalístico e da opinión pública sobre a campaña das Eleccións Xerais españolas, a celebrar apenas tres días máis tarde do referendo inglés. Para saturar a nosa atención aínda sumamos a cita deportiva da competición europea de seleccións de fútbol. Temas de grande impacto, abofé que si son.
Reparemos na calculada enxeñería coa que a Gran Bretaña gañará a Eurocopa da política comunitaria. Caso do trunfo da opción de saída das institucións da Unión, partindo da asunción dunha consulta que foi convocada coa condición de non vinculante, comezará un período de dous o máis anos para fixar o procedemento de divorcio no que se incluirían acordos ao xeito dos que se manteñen na actualidade con outros países do entorno continental, ata facer que na práctica a relación no fose moi distante da actual, nos aspectos económicos e de política monetaria e fiscal. 
Se a escolla do Reino Unido é a de ficar como socios europeos, o beneficio será, para eles, aínda máis notorio: Aprobación parlamentaria dos acordos a seu favor cedidos en febreiro, pola Comisión, para motivar a súa permanencia no club; e plácet para que de inmediato poda suspender as axudas á inmigración comunitaria, por un tempo mínimo de catro anos. Europa, na súa misión de unidade política e social, en ámbolos dous caos, ficará seriamente cuestionada. Avecíñase un inevitábel efecto dominó. Fan ben en aprazar o cumio semestral, ata que a néboa deixe ver o camiño con máis claridade.