Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

PEDRA, PAPEL E TESOIRA NA SANIDADE

Pedra, papel e tesoiras é un xogo de mans no cal existen tres elementos. A pedra que vence á tesoira rompéndoa; a tesoira que vence ao papel cortándoo; e o papel que vence á pedra envolvéndoa. Isto representa un ciclo, o cal dálle a súa esencia ao xogo. A este xogo chámaselle o “cachipum”. E iso é o que está a pasar coa Sanidade Pública e o enorme interese que nela teñen posto os grandes grupos financeiros. Aquí, tiran a pedra e agachan a man os intereses mercantís que ven un claro nicho de negocio coa privatización que lle permita incrementar o seu rédito a costa do erario público unha vez que teñen esgotado o modelo tradicional que xa non dá máis de si. Fronte a eles, o papel que debe envolver á pedra é a cidadanía mobilizada en defensa dun modelo de Sanidade Pública de calidade que é un dereito social conquistado para ser usado en beneficio universal de toda a xente que o precise, sexa cal fora a súa condición ou capacidade de renda. As tesoiras é a estratexia que sigue a Administración sanitaria e política para crear o caldo de cultivo que facilite o trunfo da pedra nesta loita que se está a converter na nai da todas as batallas en defensa do sector público como mecanismo máis eficiente na xestión dos recursos toda vez que a iniciativa privada sempre será moito máis cara a non ser que renuncie a súa función básica e fundamental; isto é a gañar rendementos para o capital. Non é de estrañar que, grupos de negocio e políticos cómplices, utilicen un discurso tramposo a respecto da eficacia do chamado modelo público – privado. Fracasado entre nós coas Fundacións Sanitarias que experimentamos con claro resultado negativo no Hospital do Salnés, hoxe en día claramente castigado polos responsables da Consellería de Sanidade que xunto aos demorados compromisos de ampliación das instalacións amosan plans en directrices que traen grave preocupación polo seu futuro. Véxase, se non, a chamada de atención que levou aos sanitarios a mobilizarse recentemente. A ministra Ana Mato “non ten o chichi para farolillos” dado o escándalo de corrupción no que está metida por máis que o seu “ex” intente cargar coa culpa en solitario. Mais é necesaria a reacción social a tempo. O papel ten que envolver a pedra.