Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

NadiDe variado xeito recordamos nestes días ao Zeca Afonso, a grande voz da música social en Portugal que nos deixou, tras longa enfermidade, fai xa mais dun cuarto de século. Mais a lembranza do Zeca non é por mérito artístico e súa extensa achega á creación da música de compromiso, sobrada razón para evocalo. Non, esa non é principal causa do recordo para as xentes que viven máis alá do Río Miño. O Zeca está, outra volta presente na revolución silenciosa que se está a cocer no país luso en reacción ás medidas de austeridade que sigue o goberno de Lisboa, impostas pola Troika configurada pola Comunidade Europea, o Fondo Monetario Internacional e os bancos Mundial ou Central Europeo que levan á poboación ao límite do sufrimento. “Grándola, vila morena” é a súa canción máis coñecida. Cóntase que o núcleo do Movemento das Forzas Armadas asistiu ao seu concerto no Coliseu lisboeta no que o cantor rematou o espectáculo con este tema que puxo en pé ao público presente. Os militares saíron cunha decisión tomada, o “Grándola” sería a consigna coa que se levantarían fronte ao ditador Salazar poucos días máis tarde, o 25 de abril de 1974. Velaí como a chamada “revolución dos caraveis” contou co seu himno musical. E retorna para mostrar a rebeldía popular. Un grupo de cidadáns fixo calar ao mesmo primeiro ministro, Passos Coelho, na tribuna do parlamento cantando desde a grada de invitados este mítico tema. A partir dese día, ministros e cargos gobernativos vense asaltados, sexa cal sexa o lugar e momento, cun coro de cidadáns que unha e outra vez arrancan de súpeto a cantar o “Grándola”. Xa se está a falar a existencia do “virus grándola” pola extensión que colleu este efecto de reacción entre a xente. E naceu un novo verbo, grandolear. Certamente, o presidente do goberno e os ministros non só se ven grandolados. En resposta a outra da súas medidas económicas e da carga impositiva, sofren coa ocorrente iniciativa de recibir ao seu cargo facturas de pequenos gastos, iso si previamente pagadas, que a xente provoca nos consumos nos que é obrigado facilitar o número de contribuínte máis non acreditar a personalidade. Agora ben, nin con esas. Eles continúan a consolidar o título de “alumno exemplar” da señora Merkel, ignorando que “o povo é quem mais ordena”.