Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

P or fin, por fin sitúase de forma visíbel o nome da Praza da II República, esa praza que se coñecía como “a explanada diante do auditorio” xa ten o nome que dende hai anos está acordado e aprobado, pero custou que se recoñecese publicamente.
A nosa petición de que así fose, e que se fixese coincidir cos actos de conmemoración polo 85 aniversario da proclamación da II República (14 abril do 1931) responde non so ao noso posicionamento como Grupo Municipal de esquerda Unida, e tamén o sentir de moitos veciños e veciñas que viñan demandando que así fose. Porque estou seguro que son moitos os vilagarciáns que descoñecían que esa praza estaba provista dun nome.
Creemos que é xusto conmemorar esa data, pois foi o comezo dunha etapa política democrática no que se acometeron importantes reformas, moitas delas precursoras de moitos dereitos fundamentais que perduran ata os nosos días. De feito son varios os principios fundamentais que se recolleron na constitución da II República Española no ano 1931, apunto algún a modo de exemplo: nela xa se recollía o Principio de “igualdad de los españoles ante la Ley”; ou o principio de “laicidad” co que se establecía unha clara separación entre Igrexa e Estado. Outro foi o principio “monocameral” que supoñía a eliminación dunha segunda cámara composta pola aristocracia e os estamentos privilexiados e polo tanto o Poder Lexislativo recaería nunha soa Cámara, creando as Cortes ou Congreso dos Deputados, isto é o que hoxe en día podería comparase coa eliminación do Senado que se ven reclamando dende unha parte da sociedade, por parecer mais un “retiro” cómodo para políticos “profesionais”, de feito algúns refírense ao Senado como o “cemiterio dos elefantes políticos”. En realidade non estaban moi errados no ano 1931 non si?
Foi unha Constitución, a Republicana do ano 31, que supuxo un importante avance no recoñecemento dos Dereitos Humanos, un dos máis comentados, e que ten moito que ver co Principio de Igualdade, foi o recoñecemento do sufraxio activo e pasivo ás mulleres, que ata ese momento recaia tan só nos homes. Nesta etapa Fomentouse o recoñecemento das liberdades individuais, os avances sociais no mundo laboral, impulsando unha Reforma laboral, onde se potenciaba a negociación Colectiva entre Patróns e Sindicatos, protexíase o acceso ao dereito de Folga, e estableceu por primeira vez a existencia dun período de vacacións pagadas, ademais de vixiar o cumprimento dos contratos e as condicións nas que estes podíanse suspender ou rescindir (nada que ver cas ultimas Reformas Laborais). E foron máis os avances, melloras na educación e que fose universal, o matrimonio civil, o divorcio etc, etc.
Toda esta época encontrou o seu final ca guerra civil española no ano 1936, que deu paso a unha ditadura que a súa vez deixou como herdeira a dinastía dos Borbons, convertendo a todos os españois en súbditos da Coroa. Dígoo así, pois aínda que sei que non e compartido por moitos, outros tantos non estamos conformes con que sexamos súbditos, non estamos conformes con que alguén ao nacer xa teña mais dereitos que outros, e que o Xefe do Estado sexa nomeado por unha cuestión de consanguinidade e non por unhas eleccións. Creo firmemente que nunha sociedade moderna non caben os Reis, Príncipes e demais nobreza, iso esta moi ben para os contos e para a Historia, esa que non debemos esquecer, nin no bo nin no malo, e de todo elo aprender.
Por elo, para non esquecer, e bo conmemorar esta data, e contribuír a que permaneza na memoria colectiva do pobo, para que saibamos, que os dereitos non nos caeron do ceo, que son froito da evolución da historia e da loita dos traballadores e traballadoras. Para que cando escoitemos que se pretende perseguir e procesar a traballadores que participaron activamente nas folgas, saibamos que é un dereito o da folga que custou acadar, ó igual que as vacacións, ou como no caso da negociación Colectiva que foi o primeiro que pretendeu dinamitar a Reforma laboral do Partido Popular do 2012.
Que saibamos que nesa etapa a prioridade era que os servizos públicos fosen prestados polo estado, e non como ocorre na actualidade, que a prioridade e poñelos en mans de empresas de amigos, ou de quen logo pode botar unha man nas campañas, xa sabedes ao que me refiro.
E de seguro que alguén sae a dicir que todas estas cuestións só contribúen a división entre Republicanos e Monárquicos, creo que todos os sentimentos poden e deben convivir en Democracia, e que se respete a maioría, para o que se fai necesario unha consulta no conxunto do estado. E non esquezades que os que máis intentan descalificar a defensa da República, co argumento das dúas Españas, son os mesmos que viven en dúas Españas, a España dos que traballamos (con sorte) e nos inflan a impostos e a España dos que agochan os cartos en Paraísos Fiscais e contas opacas, en definitiva os mais Patriotas, os que mais se benefician dun sistema político preocupado polos “aristócratas” e “estamentos privilexiados” que polos dereitos das persoas.
Por elo, co panorama que estamos a vivir, de falla de traballo, recortes en sanidade, en educación, en dereitos, e ese aumento da corrupción tan desmesurado, algúns creemos que mais que nunca vai facendo falla recuperar o sentimento Republicano do 31, onde as persoas eran o primeiro. Polo menos déixenos soñar, con que no futuro, o fillo ou filla dunha familia de traballadores teña a posibilidade de poder ser elixido Xefe do Estado nunhas eleccións. Iso e o primeiro paso da igualdade. 
*Voceiro do grupo Municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía.