Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Wert e a súas circunstancias

Despois daquel golpe de estado tan sutil do PSOE e PP expropiando a Constitución coa súa reforma, estes mentiron, enganaron, manipularon e todo elo para causar pobreza, miseria, medo e incerteza. Agora o Sr ministro Wert retira as becas Erasmus en pleno curso, onde hoxe a Comisión Europea criticou esta retirada de becas e comenta: que o goberno español debería ter comunicado aos estudantes esta decisión antes de comezar o curso.
Outra patada de Europa como a da doutrina Parot. Este Werzotas pensa que todos somos como el ou máis paspáns. Ante este novo esperpento, un novo tirón de orellas de Europa. Agora todo isto dáme a razón desta política destrutiva do goberno cando afirmo que todo isto obedece a unha estratexia perfectamente deseñada por FAES, ou sexa unha planificación ideolóxica, achegándose ao fascismo e o que non o queira ver desta maneira vive noutro mundo. Este ministro Werzotas, deixou a moitos estudantes desprazados nunha situación de indefensión absoluta, é indignante. A este Sr. e ao desgoberno que temos, lle trae sen coidado os tiróns de orellas que poida darlle Bruselas, porén,  este ministro en canto ás formas lembra a un mamporrero e, en canto ao fondo, a un neofascista. Se non fora por Bruselas estes pecharían as escolas e con as privadas e as controladas pola igrexa teríamos abondo. Que vergoña de país, estes escachapiollos non me representan en nada, só róubame os impostos, soamente están a vender fume, só falan da Marca España. Se esta é a esa marca eu voume deste país e volver cando vexa que en España é máis importante un científico que un xogador de fútbol. Unhas eleccións anticipadas é o único que pode frear a esta manada de corruptos que son a vergoña do mundo. O triste de todo que aínda temos xente que segue crendo en eles. ¡¡Manda carallo na Habana!!.