Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

ANDAN AS COUSAS revoltas na política. Onte topeime coa miña amija Mariña, a que é de Cambados, falamos un pouco das cousas da vida e lojo tivo que marchar. Seica dixo que ía brindar ao concello cun albariño polo novo ano. Chamoume por teléfono despois e contoume que sobraban copas, todas as que tiña que usar o PP porque non foi porque os concelleiros estaban incomodados por un correo que tiña que chejar un día e despois veu ao seguinte. Bueno, se eu lles contara o que tardan as postais que mando cando marcho de viaxe... E por si fora pouco, as miñas amijas periodistas contaron que Maneiro xa non sejía na Consellería do Mar. A ver se vai coller outro chope en porto seco... porque tal e como andan as cousas, ao mellor... Bueno, non me quero meter en camisas de once varas que despois todo se sabe. Por certo, que elegante é Ramiro Carregal. Mireino nas fotos do periódico de onte e sempre vai coma un pincel con eses traxes, os pañuelos na solapa e ata o bastón quédalle ben. Pero o mellor de todo é que ven a Vilagarcía a axudar aos que menos teñen. Moi ben.