Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

MULTAS PARA CADRAR AS CONTAS

A palabra “perseguir” ten varios significados. Dous deles forman parte do plan anunciado polo goberno local para modificar a Ordenanza de Tránsito de xeito que inclúa o cobro polo estacionamento de coches na chamada zona azul que en realidade vai ser unha ORA encuberta como tal. É así como o Concello “persegue” recadar, entre aparcamento e multas, unha cifra anual próxima a un millón de euros para a facenda municipal. Para elo debe impulsar unha política de tránsito que necesariamente ha de “perseguir” aos condutores que paguen, vía sanción, os recursos que busca a medida citada. O obxectivo é de record guiness, varios centos de infractores deben ser cazados cada día para cumprir coa previsión orzamentaria. Para tamaña operación é preciso dotarse dun aparello controlador proporcionado ás grandes misións da caza, moi lonxe dos medios do que dispón a Policía Local que ve negada a súa función elemental. É por iso que os Concelleiros delegados nas funcións afectadas teñen proclamada a necesidade de optar pola privatización. Postos en gastos aproveitamos para encomendar á empresa contratada, xunto co encargo dos aparcamentos de cobro, toda a xestión de tráfico. Semáforos, grúa, cámaras de vixilancia e todo o que fose preciso. A concesionaria embolsará o seu, claro. No asunto hai gato encerrado. Xa que logo, non se concreta o alcance da medida pretendida. Medias tintas á hora de informar. Mais o gato semella estar escaldado. Por iso a reacción cidadá contra a medida declarada non se fixo agardar. Aparte da oposición dos grupos que non forman parte do goberno, estoupou a dos sectores económicos locais que se ven ameazados con esta medida na súa xa difícil supervivencia á crise. Comercio, hostalaría e titulares da Praza de abastos unen forzas para impedir a materialización do proxecto proclamado pola autoridade. E ferven as redes sociais que expresan unha oposición frontal nas que non falta unha pinga de certeira retranca galega. Ocurrente a de Xurelo: “Eu vou privatissar o telefonillo do meu edifissio. E asi cando veña o carteiro, o de jasnatural, ou o do axuntamento a trairme o ressivo de auja ou lixo terán que pajar 10 euros por timbrarme. Si son forssas de orde público 20, e si son do PP a trair papeletas calanbrasso mortal”. É tempo para escoitar á xente, é momento de obrar con sentidiño.