Orzamentos da alternancia
E stamos nestes días a traballar e debater sobre os orzamentos Municipais, a expoñer as nosas ideas, aínda que non todas as que nos gustaría, de por onde se debe camiñar, para que dende a Política (desa que algún di que con maiúsculas) se faga o que e de xustiza facer, que non e nin mais nin menos que empregar os recursos públicos en actuacións, inversións, iniciativas, que procuren o maior grado de benestar para o maior numero de cidadáns posible, en definitiva, priorizar o ben común.
Debese entender como benestar todos os aspectos da vida das persoas, non so os básicos como a alimentación, vivenda, sanidade e educación, estes danse por suposto e temos que seguir loitando e reclamando que como mínimo acaden os mesmos niveis de calidade que tiñan ante desta mal chamada crise.
Refírome a un benestar mais amplo, o autentico, onde as persoas independentemente da situación económica na que se atopen poden cubrir situacións que axude a evitar o que chamamos “risco de exclusión “ e para elo a parte das garantías mínimas de supervivencia xa mencionadas, deben ser capaces de participar e interactuar co seus veciños, na súa cidade, podendo participar nos eventos de ocio, que eles e seus fillos poidan acceder a practica deportiva nos clubs que existen na cidade, e tamén nos actos de cultura que se programen no Concello, incluído aqueles nos que se requira entrada, e para iso existen formulas que non necesariamente carrexan mais custe para as arcas municipais.
Por exemplo, para isto ultimo chegaría con que as entradas que se reservan para os concelleiros e concelleiras (feito co que me manifesto totalmente en contra) se destinasen para ser distribuídas entre que non pode pagalas, xa que eu considero que os concelleiros mal que ben podemos ir pagando algunha entrada, e en todo caso, non e xusto nin de recibo que polo mero feito de ser concelleiro ou concelleira se teña dereito a entradas a eses eventos.
Por elo, unha de nosas reclamacións para os Orzamentos Municipais e que se dote de partida orzamentaria para poder aplicar o denominado Bono-ocio, cultura e deporte, que por certo foi aprobado polo pleno da corporación dende o mes de xuño, mediante unha moción presentada por esquerda unida.
Tamén pretendemos que se destinen fondos e esforzos a evitar a pobreza enerxética, a realoxar as persoas que non teñen solucións habitacionais,
Por outra banda a cidadanía desta Vila en situación de desemprego merece una actuación urxente e prioritaria, e por elo propoñemos modificar o orzamento para que a partida destinada ao aluger de luces ornamentais para as festas e para o Nadal, se empregue para invertelos en poñer en marcha talleres de emprego nos que se poidan construír os nosos propios adornos luminosos, e poidamos dar emprego a veciños, aínda que sexa por uns poucos meses. Adornos que una vez que son propiedade do concello, poderían ser cedidos as comisións de festas dos nosos barrios e parroquias para a s súas festas, aliviando así o custo das mesmas. Apostamos pola municipalización de servizos, para que este obteña beneficios para a cidade en forma de aforro de custos, beneficio ou creación de emprego estable con dereitos.
Outras das formas de axudar ou apostar por crear emprego e investir en iniciativas de promoción e turismo da nosa cidade, onde creemos que se pode facer mais, e de feito non nos esquecemos que existe un compromiso coas asociacións de comerciantes, hostaleiros e placeiros desta localidade que instamos ao goberno local a non esquecerse del como se esqueceu do adquirido ca plataforma en contra da subida do ibi. E estes esquecementos de quen goberna xunto con un conxunto de actitudes e formas de proceder son os que me fan ser pesimista a hora de contemplar a posibilidade de que as nosas propostas vaian a ter un encaixe no Orzamento que pronto será aprobado en Vilagarcía, pois iso e o único seguro en todo este proceso, serán aprobados ca habitual axuda ou sen ela.
Pois onde outros entenden, din e escriben que o pasado mes de maio do 2015 a cidadanía de Vilagarcía votou cambio, eu so vexo que se votou a alternancia, sen que cambie apenas nada, agás as persoas, e para proba o pacto de “cidade” que reparte salarios de dudoso aproveitamento para a localidade, un goberno de alternancia que implanta modificacións sobre as taxas e impostos que encarecen a vida en Vilagarcía, se tan sequera ter en conta a renda das familias para aplicar bonificacións, un goberno de alternancia que presenta uns orzamentos case calcados aos do goberno anterior que tanto criticaron. Por elo, uns orzamentos que confirman unha prioridade na deriva recaudatoria e consolida gastos que non repercuten no beneficio da cidade, non merecen a nosa a probación.
*Voceiro do grupo Municipal
de Esquerda Unida en Vilagarcía.
